Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A propósito da identidade municipal

miércoles, 24 de agosto de 2011
A propósito do asunto das posibles fusións de municipios e da tan consecuente como necesaria reformulación da Administración do Estado ("Dentro de menos tiempo del que nos imaginamos, la organización del Estado va a tener muy poco que ver con la que hoy conocemos", oínlle dicir hoxe mesmo a Javier Arenas), teño lido en varios medios de cómo diversos responsables municipais botan man, con recurrencia, dun argumento que a min -dígollo sinceramente- cada vez me produce máis desapego: A identidade municipal.

Para ilustralo, voulle contar -benquerido lector- dúas anécdotas singulares.

A primeira fala de que a mediados do pasado século (andei á procura do documento que o acredita, pero non o atopei), os veciños da parroquia de Albos (municipio de Verea) presentaron un escrito no Concello de Celanova co fin de que se levase a cabo a inclusión de tódalas aldeas que forman parte da parroquia (Albos, Cardeu, A Cigarrosa e Cubreiros) no Concello de Celanova, xa que ó non haber –daquela- unha comunicación para vehículos, para poderen desprazarse dende a parroquia á capitalidade de Verea, tiñan que pasar primeiro pola propia vila de Celanova.

Esta disfunción comunicativa mantívose ata ben entrados os anos 80 nos que foi construída unha pista, atravesando o monte, dende Cardeu ata Fontechide, xa con enlace directo coa capitalidade do municipio, e hoxe en día os veciños de Albos continúan pertencendo a Verea pero vivindo o seu vivir cotián en permanente contacto con Celanova.

A segunda estouna vendo agora mesmo, mentres escribo, pois se saio ó corredor da miña casa, cunha soa panorámica son quen de alcanzar coa vista a totalidade do termo municipal da Bola, dende o monte do San Cibrao ata o alto do Furriolo. E soamente é quen de agacharse da visual xusto a parte máis achegada a Celanova, que é San Munio de Veiga, porque me queda oculto polo alto de Mandrás.

Pregúntome eu, pois, qué é iso da "identidade municipal" pola que tanto avogan -supoño- aqueles que están vendo cómo o debate camiña paseniño cara a súa disolución institucional.

Dicía Castelao que un pobo, para poder considerarse con identidade nacional, ha de ter historia, territorio, lingua e cultura propias, cousa que eu non dou visto diferenciarse por ningures ó andar por Galicia adiante, máis alá de que para pasar dalgún municipio a outro teña que cruzar algunha ponte porque algún río serviu no seu momento (1840) para definir -a miúdo arbitrariamente- os lindes municipais.
Qué é iso da identidade municipal?, pregunto.
Se hai quen mo responda, estou por convidalo a xantar.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES