Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dos nosos machismos cotiáns

miércoles, 24 de agosto de 2011
Desgraciadamente resulta do máis común que nos medios de comunicación se fale do machismo. Dun machismo levado incluso ata as súas derradeiras consecuencias. Dese machismo capaz de aterrorizar as súas vítimas coa súa violencia e mesmo acabar con elas. Mais, quere iso dicir que onde non hai unha violencia explícita, verbal, psicolóxica e física, debemos obviar comportamentos machistas?

Probabelmente de aí veña o problema. De deixar pasar no día a día actitudes que terían que ser corrixidas. A estas alturas un non comprende que nunha casa cunha filla e un fillo, se reclame para os traballos domésticos axuda da primeira e se exonere o segundo, que na mesma empresa e coa mesma categoría laboral ela cobre menos que el, que estea mal visto que sexa ela a que sosteña a familia o e non el, que se vexa máis indecoroso que se embebede ela que el...

Está claro que a través do tempo o home creou un poder que está aí e que non precisa reclamar, pois xa lle vén dado. Así pois, aínda os homes aparentemente menos machistas o son. Somos machistas por indución atávica e incluso inconscientemente moitas mulleres o son. Estou convencido de que a especial cortesía que o home creou arredor delas e que hoxe se entende como un requisito social de boa educación, é unha reminiscencia do que en tempos se utilizaba coma unha sorte de galano renarte para compensar esa usurpación de poder dun sexo a outro. A caridade e os seus sucedáneos sempre aparecen a carón das inxustizas.

Se un medio de tanto eco como a televisión se dedicase a educar un pouco cada día neste senso, estou seguro de que a estas alturas estaría moito camiño andado. Pero tamén estou certo de que ademais de non interesarlles economicamente a quen a xestionan, non lles interesa como tema. Así pois, eu propóñolle a todos os homes un exercicio. Sei que a algúns custaralles, pero é do máis sinxelo. O exercicio consiste en asumir mentalmente un rol. Pasar de el a ela. Cinco ou seis minutos ao día. Pórse a pensar que un é unha muller. Facerse muller por medio da imaxinación. Abofé que é posíbel. Só hai que botar ao lixo algún prexuízo. Nunca lle pasou pola cabeza que por vez de nacer home puido nacer muller? Trate de pensar como unha muller. Incluso atrévase a pensar que vida lle gustaría levar se o fose. E mesmo que tipo de homes lle gustarían. Con varias sesións, o macho irase diluíndo dentro de vostede.
Novo, Isidro
Novo, Isidro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES