Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Comisión

viernes, 24 de septiembre de 2004
A comisión ou a porcentaxe é un xeito de traballar, especialmente no sector da representación do comercio onde se adoita pactar un salario tipo que se incrementa cun tanto por cento da producción ou venta conseguida polo traballador.

Sorprendeume escoita-la declaración de Isaac Vila, alcalde de Xinzo de Limia, da área de influencia do ourensano Baltar que indicaba que se sentían "maltratados" pola Xunta de Galicia e coidaban ter dereito, polo menos, á igualdade co resto de Galicia xa que se sentían preteridos.

E daba pistas de como conseguir esa "igualdade": Tendo en conta os votos conseguidos, os deputados, os resultados... Ou sexa: "A comisión"; que se primase a súa preponderación política en relación cos que obtiveran peores resultados. É dicir: que o mellor trato debería ser para os que conseguiron máis votos para o partido no goberno. Polo tanto, peor trato para aqueles concellos ou distritos nos que o PP obtivese menos votos e os
colores dominantes fosen outros. Xa sabemos que, normalmente, esa é unha razón que "vai á misa", pero é dificil que un político a plantee tan claramente como dificil resulta aceptala.

Se se atenden as necesidades segundo a cor dos votos entramos nun mercadeo electoral cutre e pobre que denigra o sistema e debera inquietar e disgustar ó electorado consciente.

Eu teño desde sempre a idea de que os ourensanos en xeral son xente emprendedora, traballadora, negociante... Pero estes ourensanos políticos non se axustan ás características do ouresano ó que eu me refiro.

Estes ouresanos políticos "a comisión", para min que están fora do tempo. Están a xogar con todos nós, e coidando levar tódolos trunfos na man parecen empeñados en romper a baralla.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES