Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O San Lourenzo hai 50 anos

jueves, 18 de agosto de 2011
Para as festas do San Lourenzo de 1961 (hai 50 anos) editárase un libro, en tamaño coarto, que na portada, baixo o slogan “Villa ideal en la Costa Verde”, lucía unha fermosa fotografía na que unha espectacular onda do mar batía contra o muro da Rapadoira, a carón da farola. Encétanse as páxinas interiores con un Saluda do alcalde Pepe Beltrán, que comeza así: “Galicia. Lugo. FOZ, soberbio panorama de suelo, azul río de mansa corriente y de orillas plenas de poesía. De ensueño. Mar enorme de oliñas que veñen e van… sus montañas, Cornería, Pico da Lebre, más allá Mondigo, semejan fantásticos caprichos de la Naturaleza. Majestuosas escarpadas, lindas, algo sublimes sus costas cinceladas por divino pincel. Pinares frondosos, campiñas en flor, “cruceiros”, casonas, hórreos. Esto es Foz”.

A Comisión de Festas, encabezada polo Alcalde que é presidente de honra, seguido dos 20 membros da mesma, con nomes e apelidos. Conchita Muíña, que foi primeira encargada da biblioteca, inaugurada había un ano, informaba que nese tempo pasaran por ela mais de 6000 lectores. Olimpia Pérez aporta dúas poesías: “Canto a Foz” e “Pujanza” e o poeta viveirés César Michelena “O Apóstolo Santiago”: o artígo de Trapero Pardo “De la “canóniga” al “dos piezas”; de Jorge Víctor Sueiro “Foz, flor y espina en el recuerdo”; de Francisco Mayán “La iglesia de San Martín, antigua catedral” e breves lembranzas de Curros, Noriega e Unamuno.
Houbo festas os días 9,10 e 11 que tiveran o seu prólogo o día 2 cunha xira ó Bispo Santo. A Banda Municipal de Ourense, “alternando con una orquesta de gran cartel” amenizou os concertos, pasarrúas e verbenas dos tres días, e anúncianse Regatas, Cucañas, Concurso de Destreza no Oficio e a Gran sesión de fogos de artificio.

Figuran 75 anuncios comerciais nas súas páxinas, dos que só un sigue vixente: Longarela.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES