Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Concellos con problemas

viernes, 12 de agosto de 2011
En tempos, os concellos eran como unha administración residual, pendurada da central, dependente en todo das decisións do máximo representamente do Estado na provincia, o Gobernador Civil, que mesmo nomeaba os alcaldes entre as persoas que se coidaba de maior relevancia dentro de cada termo municipal.

Na democracia, entendeuse que a administración local debía ser, é, a de máis preto dos administrados e, polo tanto, a que debía prestar os servizos máis básicos, quedando para o resto das administracións as grandes tarefas de goberno, canalizadas sempre a través do eido local.

Dinamizouse así a administración local, aumentaron as funcións, creáronse novos servizos e cargouse de persoal a unhas entidades que dependen do seu financiamento das taxas e impostos locais, das licencias de obras e das transferencias que reciben da Administración central, principalmente de acordo coa poboación do concello.

Os concellos sofren agora unha doble crise financeira, porque é moi difícil reducir os gastos duns servizos que unha vez que funcionan son xa imprescindibles, mentras que desaparecen na práctica os sustanciosos ingresos que proviñan das licencias de obras, e minóranse as aportacións da Administración central, con serios problemas de financiación.

Así, máis da metade dos concellos de Galicia teñen problemas, dependendo das aportacións de fóra para poder subsistir, e constituirán a non tardar un importante problema que haberá que afrontar reducindo actividades e persoal ou aumentando as súas dotacións económicas.

Por se non tiñamos problemas abondo, agora tamén os concellos -moitos deles- presentan problemas serios de financiación. Haberá que reaxustar a súa organización, os seus servizos. Haberá que rexaustar todo o entramado que nos envolve, porque aínda que non nos deramos conta ou non quixeramos darnos conta, unha era do benestar rematou, e agora temos entrado noutra moi diferente, da que só coñecemos o comezo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES