Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Queremos respirar

miércoles, 10 de agosto de 2011
A vida antes era moito máis lenta; os acontecementos producíanse de cando en cando, por non dicir de tarde en tarde, permitindo repousar cada un deles e proceder en consecuencia.
As comunicacións de todo tipo favorecían o aillamento, as autarquías, a isolación. E a menor duración do promedio de vida, pola tranquilidade ou monotonía das vidas, parecía unha longa existencia.
Agora aumenta o tempo teórico da vida, pero é dubidoso que gañaramos no cambio nunha sociedade convulsa como a que nos toca vivir, onde non damos asimilado cada acontecemento antes de sumirnos na próxima congoxa.
Os medios informativos trasladan en cuestión de fraccións de segundo calquera acontecemento ós puntos máis dispersos do pais, e o que en tempos era coñecemento de minorías moi selectas está hoxe ó alcance de todos, polo que calquera decisión repercute ó momento nunha xeneralidade tan ampla como o conxunto dos habitantes dunha comunidade.
Unha decisión europea de tipo económico, incide de inmediato nos mercados e conmociona ós gobernos. Pero non ben está sendo asumida polos que reciben a nova, xa se produce unha reacción dos mercados, dos gobernos afectados ou dos outros gobernos, que provocan unha reacción inmediata que modifica ou altera a anterior. As autoridades económicas son xuncos oscilantes diante dos vaivenes económicos imposibles de conter nin siquiera de prever.
En España, a reclamación do adianto das eleccións, conseguida hai uns poucos días, xa fai esixir o adianto do adianto diante dos últimos acontecementos. Esto resulta un sin vivir para os paises, para os seus gobernantes, e para os seus habitantes.
E a estas alturas da película –traxedia ou traxicomedia- está resultando un argumento demasiado complicado para ser seguido por uns espectadores que gostamos da arte, pero precisamos tempo para degustala. Déixennos respirar; fainos moita falla.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES