Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Baltar

lunes, 20 de septiembre de 2004
Baltar é unha parroquia do concello lucense de Pastoriza. Baltar é o apelido un escultor ourensán - Arturo- autor dun magnífico e orixinal belén. Pero quen escoita falar de "Baltar" sabe que se refire ó único posible politicamente falando, o Presidente da Deputación Provincial de Ourense, cun poder bastante maior do que normalmente se asigna ó titular de
tal cargo.

As augas veñen lodas nos regos políticos que de Ourense chegan a Compostela porque parece que, perto xa das eleccións, os detentadores de poder esixen a súa cota de presencia para situarse de cara ó futuro. E parece ser que Baltar non é dos máis tranquilos neste momento de mudanza.

E un, que aínda ten ramalazos de inocencia a pesar dos anos e as mudanzas vistas, non entende moi ben estes posicionamentos que fan que o denominado PPdeG (PP a secas en Galicia) dependa de como respiren os señores provinciais que están clarisimamente sinalados en Lugo e Ourense e algo menos nas provincias de occidente se ben parece que Cuíña e Romay seguen estando activos e ben activos.

Baltar seica cea esta noite con Fraga para deixar claras pretensións e realidades. Para facer valer o peso de Ourense. Para ter poder fóra de Ourense. Porque, a fin de contas, todo se refire a eso: Conseguido todo o poder en Ourense, conseguir todo o que se poida fóra do propio territorio.

Despois de Baltar, os outros. O conto de nunca acabar.

Pero eu, inocente, coidaba que a política era outra cousa. Que os contrincantes eran os dos outros partidos. Que os compañeiros de viaxe eran aliados naturais por sempre.

Cada vez entendo menos de política.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES