Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Verán intenso

viernes, 05 de agosto de 2011
Chegou o verán e inaugurámolo coa máxica noite de San Xoán, tamén coa entrega das notas finais do alumnado nos centros de ensino. Este ano na urbe das Murallas festexámolo un chisco antes, anticipando a celebración do ‘Arde Lucus’ á fin de semana do 18 de xuño, onde, unha vez máis, Lugo se vestiu de gala para rememorar o pasado romano dunha cidade bimilenaria que en cada nova convocatoria atrae a máis foráneos para desfrutar da festa. O calor fíxose esperar e non gozamos das altas temperaturas doutros veráns, pero si chegou o momento de pensar máis en positivo, sempre co sorriso nos beizos para afrontar os días de xullo e agosto, entre brindes de albariño e sabor a mar na pel (logo dos baños na praia) e no padal (despois do desfrute dunha gastronomía a base de peixe e marisco das nosas rías). Que ben ule o verán! Que ben sabe! Como se bota de menos logo, coa chegada de setembro! Se a alma está chea de estrelas fugaces (V. Hugo), tamén é certo que se debe ensinar aos homes que o saber non se adquire nos libros, senón observando o ceo e a terra (Comenio). Entón, saiamos á rúa, saiamos ao mar, ao monte, desfrutemos da natureza, de cada recuncho sagrado da nosa xeografía única, ollemos o ceo nunha noite chea de estrelas, mergullémonos en cada miragre da vida.

O período das vacacións permítenos vivir cada día cunha nova ilusión. Hai que aproveitalo a tope, neste caso válenos o tópico clásico horaciano do ‘carpe diem’. Desfrutemos do momento intensamente. Vivamos con toda a enerxía os días de altas temperaturas, gozando da marabilla de vestir pouca roupa e sentir como o sol nos agarima a pel, con protección para evitar queimaduras, iso si. Desfrutemos da compaña da familia e dos amigos, do tempo no fogar e das viaxes programadas lonxe da nosa xeografía. ‘Tempus fugit’, como querían manifestar os autores do Barroco. Antes de que sexa tarde, de que o tempo o mude todo, vivamos o verán gozando cada día do que a vida nos regala. Todo o bo que desexemos pode nacer nunha xornada de verán. Lembremos os versos de Octavio Paz: “Un nacimiento oscuro, sin orillas/ nace en la noche de verano/ en tu pupila nace todo el cielo”. Tamén queda na mente o Madrigal de Federico García Lorca que comeza ‘Junta tu boca con la mía/ Oh Estrella la gitana!/ Bajo el oro solar del mediodía/ morderé la manzana”, no que tamén di que os bicos olen como ule o trigo reseco do verán.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES