Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cartafol de Foz,I

miércoles, 03 de agosto de 2011
Suso do Bahía, e tamén Suso de Foz, ese Cronista Oficial tan apaixonado do seu pobo, “orquestrou”, hai uns días, a presentación doutro libro con artigos que recollen eventos relacionados con aquel, e escribo intencionadamente “orquestrou”, penso que con toda propiedade, porque un dúo musical, con acompañamento ao piano, amenizou o acto con oportunas cancións, que arrancaron manifestacións sentimentais dalgúns asistentes.
Presentou o acto Paco Piñeiro, ese home do teatro, mais non teatral, que tanto está facendo pola cultura mariñana. E como todo o deste culto amigo, imperou unha encantadora modestia de fondo, non exenta dunha discreta ironía, exercendo de director de escena con admirable sinxeleza, prudencia e acerto, e termando un pouco de todo. A síntese que nos ofreceu do “Cartafol de Foz”, que ese é o título da obra, foi minuciosa e abondosa, axudándose de proxeccións, que complementaron e ilustraron os seus asertos, dentro dunha brevidade que facía lembrar aquilo de que “o bo se breve, dúas veces bo”.
Asistiu ó acto numeroso público e tuvo aires dunha certa solemnidade, non pretensiosa, pois a mesma aparición de Suso en escena ocorreu emerxendo coma unha “figura cardinalicia” – alguén usou esta aposición antes de min – despois dun suave bambeo das suntuosas cortinas, para explicarnos, en fermosas frases, nun ambiente coloquial, de familiaridade e amizade, as razóns desta publicación.
Pero vaiamos ao principal. A publicación dun libro que recolle os eventos dun pobo, a través de varias décadas, é sempre un esforzo “tradente”, é sempre unha entrega ao mesmo dun pasado que se transmite ao presente des-realizado de aquela realidade que tuvo como tal pasado e agora convertido nas diversas posibilidades hermenéuticas, porque a mensaxe do emisor, aquí do autor Suso Fernández López, nunca compromete as distintas interpretacións dos eventuais receptores. Pouco importa que Suso nin tan sequera sospeite de canto da súa mensaxe se vai obter: O dono do que di ou quixo dicir éo o lector, ó que le xurdirán ideas e instrumentos de comprensión CON OCASIÓN DA lectura, non POR ela. Esta é a gran entrega que fai o autor: un pasado idealizado (des-realizado) – se fose un pasado real, non sería pasado, senón presente – que é todo un sistema de posibilidades a elixir para construirse as formas de vida reales do futuro. Entender a historia doutra maneira non sería destacar a dimensión histórica do home, senón consideralo metido nun proceso coma nun piélago, absolutizar a historia coma se absolutizou o espazo e o tempo, ata que a ciencia o desfixo coas xeometrías non euclidianas, por exemplo: o home é histórico (nunca parte de cero), espacioso e tempóreo; pero non vive nun marco espacial, nun tempo que delimita ou nunha historia que o determina. Penso modestamente que temos que ir cambiando de chip.
Precisamenrte por isto, non podemos perder de vista que os posibles lectores de “Cartafol de Foz”, cando menos para min, pertencen a tres grupos: aqueles que vivenciaron canto el escribiu nos seus artigos, que reciben o pasado cun nostálxico recordo, ancorado nun horizonte evanescente, ó que están tan acostumados os mariñeiros; os que se recrean na lectura dunha prosa dinámica, grácil e desacougante, a veces, e, por último, os que buscan o “cañamazo interno” deses relatos, que por ser, seguramente, un subsolo diáfano (si, diáfano) ofusca ó lector que non esteña provisto dos instrumentos de visión axeitados, porque neste eido da comprensión hai que manter conxuntadas ás reliquias intelectivas dun pobo que sempre soubo pensar, ós rexos valores incrustados nos sentimentos das súas xentes, coma guías, e ós éxitos acadados pola aceirada vontade duns homes que adoitaron loitar coa impiedade e as convulsións dun mar que dá a man a uns e abre as portas do averno ós outros.
Isto, pacientes lectores, é algo do que nos suxire “Cartafol de Foz I”. Lédeo dende o voso grupo se queredes pasar uns anacos de tempo deleitándose. Pola a nosa parte, desexámoslle unha boa singradura.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES