Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sentidiño

miércoles, 03 de agosto de 2011
Un nunca entendeu que nun país onde as necesidades máis primarias están por resolver e no que se presume continuamente do sentidiño como o gran tesouro ancestral da nosa etnia se propugne como panacea das comunicacións o AVE cando, por exemplo, se queres viaxar de Lugo a Ferrol, ou viceversa, no mellor dos casos, e segundo que días, tes un único servizo directo de ida e outro de volta e hainos nos que tes que facer transbordo en Betanzos Infesta cunha longa espera.

Non sei onde está ese sentidiño do que todos falan, pero estou comezando a pensar que é unha palabra que se está a baleirar de contido e se usa como recurso retórico. A min a pretensión do AVE nunha situación tan precaria como a nosa nas comunicacións faime lembrar a aquela nai de posguerra que para facerlles ver aos de fóra o ben que se comía na casa que ela gobernaba, enzoufáballes aos fillos o fociño antes de que saísen da casa. O AVE, mentres siga habendo as carencias de hoxe nas travesías máis elementais, soamente será querer aparentar un status que non se ten.

Ao fío deste concepto que disque nos caracteriza(ba) aos galegos, estaría ben falar do novo hospital de Lugo, ao que me acheguei un destes días por primeira vez. A edificación pode que conmova arquitectonicamente aos impresionábeis, e ademais non serei eu quen poña en dúbida os saberes do señor Fernández Inglada, que tamén vén de facer o novo hospital de Burgos, pero o caso é que os corredores parecen longas rúas e cando hai cruces as indicacións fanse tan escasas que é doado non atopar o que se procura e daquela teslle que preguntar a calquera viandante de bata branca, se é que pasa algún. A min gústame pasear, pero para iso coñezo mellores sitios.

A miña impresión non foi boa canto a operatividade polo que acabo de dicir, pero máis preocupantes me pareceron as manifestacións dun membro do persoal que me confesou que no vello hospital dáballes tempo a facer sete operacións ao día, mentres que no novo, debido aos dilatados desprazamentos, non daban feito máis de cinco.

E así e todo, segue a falarse do peche dos hospitais de Burela e o de Monforte e de centralizar todo nesta nova construción que seguramente en pouco non dará abasto nin coa “pacientela” do vello hospital. Incluso se pensa en que facer con este e algunhas cabezas políticas xa propoñen poñer alí unha comisaría, tirando se fai falla o edificio. Logo do dito, quen pode falar de sentidiño?.
Novo, Isidro
Novo, Isidro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES