Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O peitoque de Pardiñas

lunes, 01 de agosto de 2011
O Festival de Pardiñas foi convertendose nun manancial de creatividade dende a súa orixe, sobre todo de amizade, novos horizontes, máis cultura. Non deixa de enxergar vida e a súa sombra é alongada.

Hai anos Manuel María, nun festival prodixioso, compartiu con Mini e Mero, os debezos de pór música ós seus textos sobre Os Irmandiños, no do 2010 estreamos con emoción, o cd desta obra, cos mellores padriños/madriñas posíbeis: Avelino Pousa, o patriarca de Pardiñas, que non abandona cos seus 97 anos, e non perde a oportunidade de tocar o tambor para animar a festa, Neira Vilas, Marica Campo, David Otero, o historiador Xosé Estévez, o cantautor do 68, Miro Casabella…

Igual ca no 1º festival (1980), cando o investigador e gaiteiro Sito Carracedo, convidaba á unha Mostra de Instrumentos, e daba a coñecer a “charrasqueta”, que veu engrandecer o mundo da percusión.

Anos despois, veu abrevar a súa sede de afondar na nosa música, na fonte deste evento, e estableceuse aquí, e non parou de agasallarnos con novas achegas. No seu obradoiro de Pardiñas fabricou unha reproducción da gaita irlandesa, sobre unha de fai 50 anos (a uilleann pipe). Na zona sueva, traballou sobre a reproducción dun lutier alemán de fai 40 anos, con modificacións e melloras de son e afinación. E acaeulle a gaita checa, ó xeito dunha cabra.

Noutra edición, Xermolos pubricou o seu manual Palleta Maldita, traducido a varios idiomas. Nun festival presentou o higrotapón, para conservar a palleta en bo estado, sen perder a humidade, e, o ano pasado, os pitos, a castañola máis pequena, que saibamos, que coma as augas do balneario fornece saúde, pois pode utilizarse coma instrumento, e tamén de coordinación e traballo do sistema locomotriz, porque este certame musical reborda saúde para as e os festivaleiros, e tamén para o pobo. e neste imos asistir ó nacemento do peitoque, deseñado para ser tocado suspendido do pescozo, con regulación de altura e colocado sobre o tórax para utilizalo como caixa de resonancia.

Coñece polo miudo a natureza das madeiras, as máis axeitadas para os instrumentos: o seu xeito de medrar e as cualidades máis idóneas, para acadar o mellor son, así o peitoque pode ser de varios materiais que producen distintos sons. Pardiñas é hoxe coñecida en Europa polas investigacións de Sito que non teñen líndes.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES