Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións o 20N

lunes, 01 de agosto de 2011
Somos dados a rexistrar na nosa memoria determinadas datas asociadas a un acontecemento que nelas tivese lugar. E así quedará para a historia o 11S como a data na que un ataque terrorista derrubou as torres xemelgas de Nova Iorque, o 15M para a aparición do movemento dos descontentos coa marcha da nosa sociedade, e tiñamos reservado o 20N para a data do ano 1975 na que Francisco Franco deixou de estar no mundo dos vivos.
A partir de agora a data terá a ambivalencia de ser por unha parte a referencia xa coñecida e por outra a das eleccións xerais que se pretende marquen a definitiva inflexión para saír da crise económica e social na que nos atopamos. Que xa hai para a elección da data diversidade de opinións, desde os que estiman que é tremendamente inoportuna a selección de ese día, ata os que consideran que é perfecta para facer contrastar a efeméride da desaparición do Xeneralísimo co exercizo pleno da liberdade que supón para un pobo a celebración dunhas eleccións xerais.
O anuncio das eleccións coa antelación que ven de producirse, abre un tempo socialmente convulso, dentro da convulsión actual que parecía imposible de manter máis tempo. Porque a natural improvisación e volubilidade dun tempo electoral duplícase na práctica con este anuncio, rebaixado – ou quizais complicado- co período estival que vivimos.
Pouco cambia a situación de todas maneiras, que o clima preelectoral hai tempo xa que o vivimos, e non son menores as armas empregadas e as batallas que os grandes partidos manteñen, destacando unha recente enquisa do CIS onde se rexistra un importante avance de intención de voto a favor do PSOE debido ó xa chamado “Efecto Rubalcaba”.
Non esquezamos que unhas eleccións son un medio, non un fin; non son a solución dos problemas senón a elección do camiño para solucionalas, e por aí teñen que ir as pretensións dos candidatos e as decisións dos votantes.
O 20N de 2011 vai ser recordado durante moito tempo, polo resultado que se produza, pola opción que os electores elixan. Agardemos que saibamos entre todos elixir –dentro do escaso marxe que se nos deixa- o camiño acertado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES