Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra Natura

miércoles, 15 de septiembre de 2004
¿Está rexida a política por algunha norma moral?. A resposta, se queremos facela xenuinamente galega podería ser: ¡Depende!.

Na vida cotián, diante da marea que nos leva, a actividade política está xustamente devaluada cando as pequenas cousas de cada día pasadas pola criba da política resultan manipuladas, desvirtuadas, contaminadas.

Un, que foxe da politización das cousas como gato escaldado sen haber pasado directamente polo lume extráñase dos matrimonios que para gobernar se forman entre grupos non afines, despois dunha durísima loita política por conseguir o apoio popular.

Pasa en moitos concellos, pero neste caso refírome a Ribadeo onde goberna unha coalición formada polo PSOE e o BNG, na que acaba de interferir o terceiro en discordia, xa que o PP apoia ó BNG na súa intención de anular o convenio laboral por entender que beneficia tan só a unha parte dos traballadores do concello.

Se as maiorías absolutas non son boas, haberá que formar maiorías en base a conxuncións comúns, pero dubido moito que poida falarse de conxunción ó feito de xuntar políticos nacionalistas con socialistas para lograr armonía gobernante nun concello, autonomía ou estado.

O resultado en moitos casos é unha permanente desazón na que o matrimonio de conveniencia está asaltado por todo tipo de axentes, externos ou internos, que evidencian se trata dun mal menor pero non solución permanente.

¿Pódese falar de política contra natura?. Quizais. Pero volvendo ás expresión galegas, facer política deste xeito é facer política con pouco sentidiño. Pero, sobre todo, é facer política sen pensar no país, senón simplemente nos intereses de cada grupo; de cada un.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES