Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Listas de espera

jueves, 28 de julio de 2011
Hai que recoñecer o paso de xigante dado pola sanidade galega nos últimos anos, nas últimas décadas, tanto polo que se refire á prática xeneralización da atención como da mellora desta, nos medios e no trato, de xeito que na actualidade son mínimas as queixas ou críticas no que ó funcionamento das instalacións sanitarias galegas se refire.

Queda un punto negro, neste panorama favorable da atención, que de cando en cando asoma por riba de calquera outra consideración. Son as chamadas “listas de espera”, formadas pola relación de persoas que están agardando por unha consulta ou unha intervención cirúrxica, sendo estas últimas as máis ostensibles pola necesidade de que operación prevista non se dilate no tempo con consecuencias imprevisibles.

Son algo máis de trinta e oito mil os galegos que están a agardar por unha intervención, sabendo que o tempo medio de espera é de 73 días na actualidade, que parece moito tempo cando a persoa ten sobre a súa cabeza unha espada de Damocles real agrandada pola imaxinación que a espera fai magnificar.

A cifra supón un certo aumento en relación co pasado ano, e deste sobre o anterior, volvendo a niveis cercanos ós existentes en anos anteriores, e poñendo de manifesto a necesidade de prestar especial atención a este aspecto que é dos poucos negativos que se aprecian nun sector tan sensible e ó que tanta atención e investimentos se dedican por parte da Administración.

Esta Administración pon especial énfase en reducir os tempos de espera polas consultas, e no aumento das intervencións en horario ordinario experimentado nos últimos tempos. E recoñecendo o esforzo efectuado en novas instalacións, en mellora dos servizos, temos que incidir que o das listas de espera ven sendo o primeirísimo problema – quizáis o único verdadeiramente importante- na nosa sanidade no momento actual. E agardamos resultados favorables para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES