Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morre en Bos Aires o enxeñeiro Eduardo Parajuá, Mecenas da Cultura Galega na Capital Arxentina

martes, 14 de septiembre de 2004
Eduardo Parajuá Rodríguez (Buenos Aires, 1928-2004) era fillo de galegos con raíces na montaña luguesa, concretamente na aldea de Paraxuá (parroquia de Romelle, no concello de Samos) así como en Farnadeiros e Abragán (no Corgo). En 1922 a familia emigra á Arxentina desde os seus respectivos lugares de nacemento.
 
Enxeñeiro Industrial e Náutico
Tras realizar os estudos primarios e secundarios, Eduardo Parajuá matriculouse na Escola Nacional de Náutica, onde se graduou como maquinista naval. Con posterioridade traballou como técnico na reparación de navíos e simultaneamente cursou estudos de enxeñería, obtendo a licenciatura en 1964.
 
Contemporáneo da Xerazón das Festas Minervais
Eduardo Parajuá era contemporáneo da Xerazón das Festas Minervais como Novoneyra, Méndez Ferrín, Xoana Torres ou como o recentemente finado Manuel María. A súa relación con Galiza intensificouse notabelmente con motivo da sua primeira visita ao lugar de que eran orixinarios os seus devanceiros en 1982. Ao regresar a Buenos Aires matriculouse nos cursos de Língua e Literatura impartidos no Centro Galego. Como complemento, para obter un coñecemento mais profundo do noso idioma, acudiu a cursos de gramática na Faculdade de Filoloxía da Universidade de Buenos Aires.

Da mao de José B. Abraira, en 1985, Eduardo Parajuá pasou a asumir un compromiso esencial en benefício de toda a colectividade ao se involucrar nas tarefas organizativas do Congreso en Homenaxe a Rosalía de Castro. Desde ese momento até a actualidade os seus traballos infraestruturais son imprescindíbeis para o funcionamento tanto da asociación Amigos do Idioma como para a continuidade do boletín Adigal, entidades para as que Parajuá foi un auténtico mecenas. 

Articulista e autor de narrativa breve
Alén do labor asociativo, Eduardo Parajuá é tamén autor de artigos en que se manifesta un grande gosto polo documentalismo e de diversas creacións literarias de narrativa breve.

Ferramentas informáticas
En colaboración con Manuel Iglesias e o profesor Higinio Martins participou na elaboración dun monumental diccionario informático do galego (con 560.000 bits).
Penabade, Bernardo
Penabade, Bernardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES