Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel María, brevemente ó lonxe

lunes, 13 de septiembre de 2004
Manuel Mara, brevemente  lonxe Manuel Mara, brevemente  lonxe Onte (08.09.04) morreu na Coruña o noso Poeta Manuel María. Un sobresalto máis niste mundo de cousas súpetas e irreversibles.

Coma o infindo ou a nada, a desaparición das persoas se entende mal e, ó mellor, non é verdade. Tal pode ser o caso de Manuel María cuia lembranza, aparte do da súa inxente e fermosa obra, pode que inda siga tempo buscando un acougo máis persoal entre nos. Imos pois agora a ocuparnos de urxencia desto soamente, pra, entre todos, retelo o máis prolongada e persoalmente posible.

Fai xa máis de medio século, unha mañá, pola rúa da Raíña, en Lugo, Manuel María, Novoneyra e máis eu decidimos facernos un retrato conxunto nun fotógrafo que había por eilí, nos aledaños. Tiña que ser aquela unha foto pra posteridade, unha foto importante e, a tales efectos, os tres puñémola cara de circunstancias oportuna. O resultado, coma pode verse, non foi tódolo solemne que esperábamos. Por dicilo dalgún xeito, Manuel María saíu ollando as cousas coma sempre, coa súa gran ollada inocente, Novoneyra escrutando i eu escoitando: tres xeitos destar que logo volvéronse crónicos. Non sei quén distes tres inexpertos rapaces falou entón daquelo da posteridade. O curioso é que, polo menos en dous casos, houbo posteridade efectivamente. Dous enormes poetas cruzaron o noso firmamento cultural á vista de todo o mundo; e eilí permanecen. O tempo confirmou eisí, i eu reprodúzoo, aquela inda dubidosa expectativa convirtindo a foto nunha conmemoración o revés. Pero tamén o tempo, facendo o seu traballo, leva chimpado xa a dous dos tres protagonistas da foto dicíndolle eisí ó terceiro o que hai de certo. A posteridade comeza agora.


O Manuel María daqueles tempos era un ser permanente asombrado de tódolo que o arrodeaba e del mesmo. Tiña il unha especie de mitoloxía chairega pro seu uso persoal e se paseaba sempre con algún poema a medio facer sober do que pedía toda clase de pareceres. Gustaba chamarse a se mesmo, con certa cariñosa sorna, o "sobriño do cura de San Froilán". Coa aquela súa grave voz, falaba entón moito da súa querida Terra Cha e, por exemplo, da sinxeleza dun seu irmán máis mozo e do seu grande amor, Saleta, cuio nome soaba por certo moi ben dentro daquela cousa tan cercana pero pra min tan descoñecida coma era Outeiro de Rey. En realidade, eu coido que moitas das cousas quil amaba eran só espellos nos que recoñecía a súa propia condición. Il era efectivamente home moi sinxelo e levaba nos ollos certa desolación chairega. Calquera cousa da que il falara era íl mesmo.

Inda mozos, eramos Manuel María e máis eu asiduos a tertulia de Pimentel no Mendez Nuñez de Lugo. Non simpatizaba moito Manuel María cos intelectuais de alí nin de fora de alí. Si en cambio con Pimentel e Fole, ós que adoraba. Nunha ocasión, feito eu un lío cos hábitos sociais de Lugo, pregunteille a Manuel cómo trataba a Pimentel, se de vostede ou de tu. Moi rotundamente contestoume: "De vostede e co don diante". Pero eu xa non puden dar marcha atrás.


A derradeira lembranza física que teño dil se sitúa nun Bar dos soportais da Praza Maior de Lugo, nunha mañá navideña ben cargada de néboa e profundo cheiro a café. Estaba íl loitando entón cun xeitoso vilancico cuias distintas opcións simulaba someter o meu criterio. Supoño que eu non lle daría solución algunha pero si a calculada satisfacción de interesarme polo asunto. Todo estaba entón por estrear. Sober de nos, o Nadal inda estendía a súa xélida protección; nin a neve nin o tempo semellaban derretirse entón. Había unha tregua.

Non moito despois, soubemos que ista historia do Nadal tamén terminaba mal, que tódalas historias terminan mal e que non se pode confiar nada ó tempo. Que, pra non perdelas, as cousas -como xa fixera Manuel María naquela remota mañá de Decembre e logo durante xa toda a súa vida- hai que cantalas.

E iso é o que, sumariamente e con respeto, agora mesmo veño de intentar e desvelar pra il ó meu xeito.

Descanse en Paz.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES