Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A galopar, a galopar

jueves, 21 de julio de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO

Hai uns días o Consello de Ministros aprobou a privatización da sociedade AENA dos aeroportos de Madrid e Barcelona, unha empresa de alta rendibilidade para o estado, suma e segue en isto das privatizacións.

É o negocio rendible agora para os políticos da corda bipartidista, venden todo o que os cidadáns pagamos e van caer nas mans privadas. ¡ Carallo!, con esta “esquerda socialista” que segue con bicos e apertas co modelo neoliberal e o alimenta coas privatizacións, adelgazando ao estado e o público dicíndonos que o máis “sensato”. Son os “chicos” de Friedman que enterraron a Keynes.

Despois das enerxías, hospitais, universidades, colexios, etc.... só lles queda privatizar o Museo do Prado e máis o ar que respiramos. ¿ Onde están os millóns que o estado ingresou por privatizar empresas que eran rendibles no seu día como: Argentaria, Repsol, Campsa, Endesa... coa axuda do PPSOE ?.

Agora sen competencia bancaria, eléctrica e combustibles, temos os monopolios privados que son peores, cunha particularidade, que enchen os bolsos dos amigos e logo estes os colocan nos consellos de administración (caso Felipe González e Aznar).

Todo isto é escandaloso, intolerable, véndese unha estrutura estatal dándolle o Sr. Pepiño Blanco unha maquillaxe mediática como se nos fora a vida en elo. Vendeu unha empresa propiedade estatal, é dicir, de tódolos cidadáns, xeradora de ingresos para o Estado, para tódolos españois, ou sexa, un ben de todos pasa a ser un ben duns poucos.

Nestes tempos que corren de mentiras, manipulacións mediáticas e corrupcións, está máis presente que nunca aquel poema de Rafael Alberti e cantado por Pazo Ibáñez : “...Galopa caballo cuatralbo / Jinete del pueblo que la tierra es tuya / A galopar, a galopar, / hasta enterrarlos en la mar.
Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

A bolsa para quen a traballa: Todos podemos ter a tentación nun momento determinado de investir en bolsa ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural