Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Soldos

jueves, 21 de julio de 2011
Todos temos unha idea do que é ou pode ser un soldo normal para un traballador ou traballadora. E vimos coincidir que un soldo para un traballador nunca será xusto se non lle permite atender as súas necesidades básicas, xunto coas básicas necesidades dos que dependan del.
Por eso, cando se fala de “mileuristas” entendemos que equivale ós antigos preceptores do “soldo mínimo”, porque fai falla facer moitos equilibrios para que unha familia poida afrontar o custo da vida con eses ingresos ó mes.
E todos temos tamén a sensación de inxustiza e bulra cando nos pasan diante dos ollos os ingresos de determinados xogadores de fútbol e deportistas en xeral, artistas destacados, directores de empresas e bancos. E políticos.
Damos xa por perdida a batalla en relación cos ingresos que perciben os grandes astros do deporte, da canción ou da escea, que a fin de conta non son máis que unha porción dos ingresos que pola súa actividade perciben os clubes ou entidades que os contratan. Quedan dúas batallas a xogar. A dos banqueiros e a dos políticos.
En canto ó soldo dos banqueiros, as cantidades que perciben os directivos dunhas entidades que seguen a gañar cantidades case inconmensurables a pesar da crise, ou gracias á crise, está sendo obxecto de estudio ou de debate político, sen máis forza oficial sobre o tema que a de aplicar un maior gravame por estes elevados ingresos, o que posiblemente non faga máis que reforzar a presión destas entidades sobre os seus clientes.
Quédanos o dos políticos. Que na maioría dos casos non é moi elevado, pero si se se ten en conta a realidade circundante. E todos, en xeral, consideramos excesivas o número das dedicacións exclusivas, o importe dalgunhas delas, e as tremendas diferencias entre unhas institucións e outras.
Fálase dunha Lei que harmonice os soldos dos cargos públicos, de xeito que se adecúen á realidade social, á poboación do concello, á complexidade da función. Benvida sexa se pon algo de orden nun tema tan desordenado e tan sensible como as percepcións (entre outros) dos políticos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES