Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O efecto Rubalcaba

miércoles, 20 de julio de 2011
Descartada calquera posibilidade de que o PSOE puidese gañar as eleccións xerais, parece evidente que o seu obxectivo sería que o PP non sacase maioría absoluta, que con Zapatero de candidato estaba cantada. O menos malo sería, entón, unha maioría simple por parte do PP que lle obrigaría a pactar moitas decisións, impedir anular algunhas das medidas progresistas implantadas e dificultar unha lexislatura que se preveía asoballante dos conservadores.

Para iso buscouse á persoa que, polas súas características persoais e valoración cidadán, reunía as mellores condicións dentro do PSOE para poder cumprir esa difícil misión de lograr revalorízalo o suficiente como para reducir as grandes diferencias porcentuais existentes de votación entre ambos grupos políticos.

Claro, que ocorre que o candidato Rubalcaba coincide con que foi Vicepresidente e Ministro do Interior co Goberno de Zapatero e polo tanto corresponsable coa súa política, tan deostada pola cidadanía dende a crise da súa segunda lexislatura. Isto o descalificaría e invalidaría para poder recuperar esa cantidade de desencantados do PSOE e de indignados pola súa condescendencia coas políticas neoliberais.

Porén, Rubalcaba nun exercicio de transformismo político, que xa empezou cando descartou calquera represión policial sobre os acampados do 15-M, rexurdiu das súas cinzas cunhas liñas programáticas que nada tiñan que ver coa súas actitudes políticas levadas ata agora e que sonaban ben, ao menos para a lírica, nuns tempos tan malos para ela.

A cuestión é, que crédito pode ter quen donde dixo digo di diego? Parece lóxico que a opinión xeral fose a da súa descalificación por tal xiro político carente de credibilidade ningunha, polo que o resultado do cambio de candidato sería inútil, de xeito que as cousas seguirian igual que con Zapatero e o triunfo absoluto do PP continuaría asegurado.

Pero tamén pode que non sexa así. Nas meigas tampouco crese pero haber hainas. E aquí pode pasar algo semellante: “crer non creo, pero quero crer”. Despois do atractivo manifesto de Rubalcaba o sentimento que se tratase de introducir sería o da necesidade de crer. Acaso non gaña así Rajoy? Hay alguén que pense que o PP pode facer outra política económica diferente á que impoñen os mercados de maneira que milagrosamente nos saque da crise e consiga empregos a esgalla? A sensación é a mesma, ninguén o cre pero se lle vota porque se quere crer, necesitase crer ante o desastre actual.

Rubalcaba preséntase, así, como o cravo ardendo ao que da ocasión de aferrarse a cidadáns progresistas, moitos desafectos do PSOE, para volver ao rego dunha política socialdemócrata da que nunca quixeron saír senón fose pola absoluta desvirtuación dela por parte de Zapatero.

Rubalcaba, co seu discurso, deu os argumentos para que xurda ese “querer crer” efectivo para o PSOE a hora de votar, tratando de que o inexplicable do creíble supere ao explicable do increíble nunha cantidade suficiente de persoas que eviten unha esmagadora maioría do PP. Veremos se o consegue.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES