Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O difícil traballo de piqueteiro

lunes, 13 de septiembre de 2004
Sempre me impactou o traballo de piqueteiro. Traballan poucos días, pero os que traballan empréganse a fondo.
Trátase de que, en xornadas de folga, os posibles folguistas se enteren de que hai folga por se queren participar nela. Por eso se chaman "piquetes informativos".
Pero ás veces ós membros dos piquetes váiselles a man e botan silicona nas pechaduras, tiran tornillos e outros obxectos contundentes, coaccionan a quen non ten intención de facer folga... e entón xa non son piquetes informativos aínda que eles pensan que sí.
E un non sabe que é peor: Se os que coaccionan para que non se vaia á folga (especie en franca regresión) ou os que empregan a violencia para forza-la folga, xa que calquera membro de ámbalas-dúas especies teñen a mesma catadura moral.
Eu comprendo que o traballo de piqueteiro é difícil, porque mentras traballa como "informativo" o traballo non produce froitos, e cando se extralimita corre perigo de que logo a Xustiza tome cartas no asunto.
Nos casos de litixio xudicial, os seus compañeiros de sindicato montarán manifestacións de protesta e argüirán parcialidade dos xuíces, falta de garantías sindicais, acoso, atentado contra das liberdades... pero o susto do corpo non lle lo quita ninguén.
Que eu lle teña un certo reparo á actuación dos membros dos piquetes non quere dicir nada, porque a min calquera forma de violencia me intimida.
E recoñezo que o seu traballo é difícil, pero máis dificil é o de quen ten que soportalos.
Posiblemente esteamos aínda todos moi verdes no dos dereitos dos traballadores e todo sexa cuestión de tempo. E para min que o de piqueteiro é un oficio sen futuro e deberá axustarse á pura función informativa ou desaparecer.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES