Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Codex Calixtinus

jueves, 14 de julio de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO

Neste asunto do “presunto roubo” do Codex Calixtinus hai máis incógnitas que unha ecuación da máis difícil que pode ter un matemático. Pode ser moi simple e ao mesmo tempo esperpéntico. Se falamos desde o punto de vista surrealista a cousa ten a súa “coña mariñeira”.

Penso que o Ministerio de Cultura debería catalogar tódolos tesouros que se atopan en mans da Igrexa e controlar que están ben coidados, protexidos e a disposición dos investigadores e cando no sexa así, directamente retíraselle a custodia e que pase ao museo correspondente. Nesta ocasión foi o “Codex”, non encanto, moito antes foron moreas de bens culturalmente valiosos que sufriron a incompetencia da custodia eclesiástica, un exemplo o temos na Igrexa de San Martiño de Sobran (Vilaxoán), hai anos desapareceu unha estatua ecuestre de San Martiño do século XIII que se atopaba nun nicho enriba da porta de entrada da Igrexa, e aínda hoxe ninguén sabe dela.

A titularidade de certos bens non é estritamente da Igrexa e non debe selo, son patrimonio nacional.

Os xerarcas deste réxime (atado e ben atado), dando apertas a Santiago mata mouros, mentres pola porta de atrás os ladróns fan das súas, ou sexa, entre todos a mataron e ela soa morreu.

Teño unha teoría algo surrealista sobre este caso: cando o público se debilita en favor do privado é moi doado que estas cousas acontezan xa que non vexo ningunha diferencia de que fora o “codex” privatizado, ou que fora un plan de axuste dos “mercados” que lle están collendo un vicio de moito carallo a apertarnos a gorxa ata quedar sen ar.

Tamén puidera ser unha conspiración xudeo-masónica con ramificacións comunistas. Xa vexo neste caso a monseñor Rubalcaba mobilizando ás tropas para seguir esta pescuda en ben da humanidade.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES