Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións

jueves, 14 de julio de 2011
Agora que o candidato do partido do goberno para as próximas eleccións xerais ven de recobrar a liberdade deixando as súas responsabilidades na Administración, comeza un tempo novo no que moitos queren ver a chegada duns comicios dos que tanto se agarda.
Segundo un recente estudio, a maioría dos españoles está desexando que se celebren eleccións xerais, aínda que se esa enquisa a fai cada un de nós na súa esfera ou área de influencia non se detecta esa necesidade absoluta de eleccións, senón unha imperiosa necesidade de que a situación mellore antes de que para moitos sexa demasiado tarde.
Os comicios teñen o seu calendario natural previsto para mediados do primeiro semestre de 2012, e o seu adianto como máximo poderá ser para mediados do último trimestre do presente ano, co que se xoga cunha diferencia de apenas cinco meses, que cabe supoñer os políticos consideren moito tempo ou un período importante, pero que todos os que camiñamos polas rúas non o vemos tan claro.
Os políticos ven unhas eleccións como a ocasión definitiva, como a eclosión de todas as forzas, o punto de referencia dun novo tempo que aspiran a pilotar para a transformación nun emporio dun conxunto de cidadáns que se sinten derrotados por forzas imposibles de controlar.
As eleccións son un medio, non un fin; son a emisión dunha opinión colectiva que máis que marcar rumbos elixe persoas para tripular a inmensa nave nun mar revolto en tempo difícil. As eleccións que veñen, despois do verán ou na primera próxima, só significarán a decisión popular de que sexa unha ou outra forza política a que leve a cabo todos os esforzos, a que nos impoña os necesarios sacrificios, a que nos diga claramente en todo momento como estamos, como camiñaremos, e como imos estar un treito máis adiante.
Eleccións, si, que é o xeito de que todos nos pronunciemos sobre todo o que nos preocupa. Pero sabendo que o resultado das eleccións simplemente marcará unha confirmación ou un cambio de cores, de xentes e de talantes. Que teremos que seguir traballando duro, sacrificándonos, sufrindo, para sair adiante e que non nos afogue unha crise indigna que ninguén pareceu prever e todos sufrimos de xeito brutal.
Eleccións, si. Pero sin falsas alegrías. Pensando que aínda nos queda moito de suor e bágoas, para sair con ben deste difícil momento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES