Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Remodelación na Xunta

miércoles, 08 de septiembre de 2004
O meu paisano vilalbés tennos a tódolos galegos coa alma nun puño.
Que se hoxe, que se mañán... Que se remodelación ampla, ou só un retoque... Que se Manolita volve, ou se vai contar cunha paridade tal que se vai enterar Zapatero do que é participación feminina.

Para min que a don Manuel vaille a marcha. E acaba de meter a directa.

No San Ramón do 2003 tiña o sr. Fraga problemas de cadeira e non puido facer o desfile festeiro que tódolos anos vai desde a Casa da Cultura ata o Centro cultural Carmen Estévez, e agardou polo resto da comitiva sentado na primeira fila á que me acheguei para saudalo e preguntarlle polo seu estado.

Neste San Ramón do 2004, Fraga parecía máis novo, con máis forza, con máis gañas. Andou ó paso dos demáis o traxecto, e cando o acto rematou, en lugar de achegarme a el achegouse el a min para comentarme o resultado da celebración.

Con este donaire, non me extraña que tódolos conselleiros estean en vilo por se renova a Xunta con Penenes da política galega -que todo pode ser- para que lle dean andado a este corredor de fondo que ten provocado problemas de corazón a máis de un que intentou seguir a “marcha” que leva o meu ilustre paisano.
Chairego
Chairego


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES