Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Deputacións Provinciais

martes, 05 de julio de 2011
Cada certo tempo, as deputacións entran nos diálogos e debates políticos para xustifica a súa razón de ser, e seguir a súa traxectoria sen maiores problemas.

Cando se creou o Estado das Autonomías, se incorporou España á Comunidade Europea e se fortaleceu o papel dos concellos, creuse que as deputacións provinciais, vellas demarcacións, tiñan cumprida a súa función e estaban condenadas a desaparecer.

Pero, en Galicia alomenos, en lugar de perder importancia incrementouse a súa presencia, chegando a controlar a mesma autonomía cun dominio político claramente visible aínda que nunca xustificable.

A adquisición dunha diferente cor entre o goberno da Xunta de Galicia e algunhas deputacións tampouco propiciou ningunha modificación ó respecto, que os partidos políticos comprobaron a excelencia destas corporación para a distribución de fondos e atencións especialmente ós pequenos concellos, e mesmo a rendibilidade política obtida nun goberno en solitario ou con dúas forzas repartíndose as áreas de poder. Deste xeito, se en algun momento se pensou en que as deputacións galegas poderían desaparecer, na actualidade parecen estar máis fortes ca nunca, máis activas ca nunca, convertidas en plataformas económicas, de xestión e de poder, nas que obteñen acomodo políticos os que noutras institucións non atoparon oco axeitado, e nas que a distribución de forzas e cargos non sempre responde ó promedio dos resultados electorais a escala provincial.

Comezamos unha nova etapa política, catro anos decisivos – decisivos son sempre, todos- para a impulsión da economía e da sociedade galega, na que as deputacións provinciais seguirán a ter forza e protagonismo, quizais cada vez máis acusado. Desde Galicia nada impedirá que así sexa. E posiblemente tampouco a escala nacional, que xa o todopoderoso Rubalcaba ten afirmado que non hai que suprimir as deputacións senón transformalas para prestar servizos ós concellos que non poden afrontalos que, ó paso que vamos, van ser a maioría.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES