Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As saragalladas do FMI

viernes, 01 de julio de 2011
Desde o Preguntoiro

Os voitres preeiros do Fondo Monetario Internacional seguen a presión contra os máis pobres,difundindo estes días por tódolos medios de comunicación en “profundizar” nas reformas do
mercado laboral, se non funcionan as actuais. Estes están tolos.

O último presidente está preso por acoso sexual e logo aínda queren apertarnos cunha volta máis de parafuso. Non ten sentido, é unha incongruencia: os médicos recomendan seguir administrando aspirinas ao doente que non da
mostras de melloría, senón que empeora e lle seguen dando aspirinas en dobre ración.

Estes “chicos” do FMI están a fabricar o terror dicindo que o goberno acometa reformas “valentes” no mercado laboral. Valente é facer como en Islandia. Valente é que os bancos privados paguen as súas propias perdas (cada pao que aguante a súa vela). Valente sería esixir ás grandes empresas que evaden impostos que os paguen. Valente sería estruturar todo menos zouparlle ao máis feble para instaurar o escravismo pleno.

Todas estas saragalladas de terror do FMI só son para sanear as contas da banca privada a base de sacarlle os sancomiños ao pobo, por iso non deixa de ser curioso que un sistema económico que loitou sempre contra calquera forma de intervención estatal, dándolle á “ barrila” con que o público é malo e gasta moito, privatizando todo o que queda, para agora impoñer e reclamar a intervención do estado para sanear as saragalladas que fixo a banca privada.

O goberno ten que dar un golpe na mesa en esta economía de “libre mercado”, dicir ¡basta! de tanto trincar das arcas públicas, do roubo organizado ata baleirar a caixa polos “patróns” tras gañar durante estes anos pasados unha manchea de cartos.

Alguén ten que pagar a factura desta “festa verbeneira” neoliberal e van a polos mais oprimidos e asalariados.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES