Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gastos manifestamente prescindibles

martes, 28 de junio de 2011
Moreas de cartos vanse en gastos manifestamente prescindibles.

Algúns que tiveron oportunidade de corrixilos e non o fixeron, agora caen na conta. González veu a luz entendendo a inutilidade das deputacións nun réxime autonómico. Institucións propicias para desbaratar cartos en duplicidades servindo de represa de dotacións económicas que deberan chegar fluidamente a outros lados, ou servindo de berce a anomalías das que Ourense podería darnos un doutorado.

O PP argumenta que agora que o PSOE perde forza nelas quere rematalas. Pode ser. O mesmo compre aplicárselle a eles. A súa tese é xustificalas na atención aos concellos pequenos que quedan desamparados.

O que tería sentido común, é rematar cun minifundio de concellos incapaces de atender as súas obrigas. O PP abonda de xeito toleirán na defensa de tal situación.

Compre lembrar que foi Fraga quen deixou Galicia con 315 concellos tras collela con 312. Case o 5% deses concellos non chegan a 1.000 habitantes. Concellos en situación vexetativa. Só en 37 casos dos 315, pecharon o ano 2010 con maior numero de nacementos que mortes.

Inda que poida parecer macahcón repetilo compre lembrar que no Reino Unido non chegan a 375 as entidades con capacidade de gasto. Consérvanse os nomes históricos dentro dos supra-concellos pero a unidade de gasto é unha.

No caso de Alemaña as entidades con capacidade de gasto son apenas 300. En ambos casos nada que ver en poboación e territorio con Galiza. Tampouco co Estado, onde hai 8.217 concellos. Si isto no e dilapidación que veña a demo e o vexa.

¿Onde está a capacidade económica dos mesmos para prestar os servizos que lle son propios e de obrigado cumplimento? Non vale o berro hipócrita a prol da tarefa asistencial das deputacións pois para iso suponse está o labor de coordinación dos gobernos autónomos a través das consellerías correspondentes. Hai inflación de ventanciñas e sobra falla de eficiencia. Temos unha hipertrofia burocrática que fai que en derradeira instancia a administración sexa máis un freo da economía que unha axuda.

A todo elo súmense os gastos en competencias impropias que case sempre se superpoñen coas doutras administracións ou as solapan. E cínico falar de austeridade e defender certas cousas.

Control no gasto e no fraude fiscal. Isto non e prescindible. Temos unha Axencia Tributaria moi eficaz en pescudar os ingresos das rendas do traballo, autónomos e pequenos empresarios. Pero son vergoñentos os logros nos sectores que tan cómodos se atopan coas sicav, ou os paraísos fiscais.

Prescindibles, tal como apunta Arcadi Oliveres, profesor de Economía Aplicada da Autónoma de Barcelona, estarían aspectos do gasto militar con grandes partidas recortables. O caso do gasto pendente do avión de combate Eurofighter, no que se prevén 10.795 millóns hasta 2024, e os 1.353 millóns para 24 helicópteros de combate Tigre. Ou toda unha serie de “chiringuitos” baixo forma de Consellos asesores, consultivos, ruinosas canles televisivas autonómicas usadas coma voz do seu amo, sen que teñan a xustificación dunha cultura e lingua distinta. Aparellos manifestamente prescindibles. Todo menos seguir gaduñando nos escuálidos petos da cidadanía.
Campos Romay, Antonio
Campos Romay, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES