Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medidas eficaces contra a crise

jueves, 23 de junio de 2011
A escola da vida

O goberno da Xunta está a executar cada día novos recortes de persoal e de recursos económicos da Administración para atender os servizos e as necesidades dos cidadáns. Pero, doutra banda, non adoita facer moitas propostas de medidas eficaces coas que resolver os seus problemas ou estratexias que favorezan os seus ingresos.

Como cidadán indignado por este tipo de actuacións políticas negativas voume tomar a liberdade de axudalos a tomar decisións importantes e de calidade.

A primeira sería que o presidente da Xunta deixase o custoso palacete para ir vivir nun piso e facer del unha residencia de alto nivel para acoller aqueles executivos ou persoas que o poidan pagar, e, deste modo, reverter os gastos en ingresos. Outra sería a de converter o parque de coches oficiais nunha empresa de aluguer con condutor xa que como os nosos políticos están moi ocupados nos seus despachos facendo de contables con tesoiras non os precisan, e se nalgún momento os necesitan sempre poden alugar un taxi como facía o ex presidente do goberno cántabro.

Polo mesmo, e xa que a algúns conselleiros non se lles viu ningunha idea de mellora dentro da súa parcela, habería que rescindirlles os seus contratos. Do mesmo xeito, e xa que a poboación da nosa comunidade neste último período municipal seguiu descencendo, e algúns concellos tiveron que rebaixar o seu número de concelleiros, tamén, débese ponderar o número de deputados provinciais, mentres a existencia desta Administración non poida ser liquidada xunto co Senado mediante a reforma constitucional.

Entre as medidas eficaces neste breve espazo están as de facer que nas próximas eleccións as listas dos partidos sexan abertas, e así os cidadáns poderán elixir realmente os seus representantes, ese será o xeito en que poidan apartar da política xente sen ideas nin escrúpulos aos que non se lles coñece oficio nin beneficio e que se rodean de asesores da súa mesma calaña.

Os partidos poden tomar bo exemplo dos xefes de Novacaixagalicia, que cando viron que non podían facer fronte ás dificultades buscaron a alguén máis capaz e que atraese non só persoas con talento senón tamén con capital. Xa saben, aplicaron aquel refrán que di que quen a boa árbore se arrima boa sombra o acubilla. Pois iso!
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES