Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os romanos sabían latín

miércoles, 22 de junio de 2011
Crónica da semana invisible

Luns, 13 O guateque

Que pracer seguir a Italo Calvino e sempre retornar aos clásicos. Hoxe emitiron nesa sorpresa de bo cinema que é, dende hai pouco, a Sexta3, The Party, "O guateque", a gran comedia e sátira social de Blake Edwards que en 1968 protagonizou un inconmensurable hindú chamado Peter Sellers. O filme, coa banda sonora de Henri Mancini que completa a tríade antolóxica, ten mensaxe, diversión e graza para todos. Disparatado, dinámico, insólito... Unha festa que eu visiono por terceira vez e da que gozamos todos na casa.

Mércores, 15 Borges, 25 anos

Creo en el alba oír un atareado
rumor de multitudes que se alejan:
son lo que me ha querido y olvidado:
espacio y tiempo y Borges ya me dejan.

Así conclúe José Luis Borges o seu poema Límites, uns versos que poderían ser o seu propio epitafio. Onte fixo 25 anos da morte do escritor arxentino, e por todo o mundo da cultura estase a lembrar a súa obra. O mesmo que adoitaba afirmar, por exemplo, que "as universidades prefiren a aprendizaxe de bibliografía antes que a lectura dos libros". Hoxe, o poeta Luis Antonio de Villena escribe unha magnífica columna en El Mundo titulada La difícil facilidad onde afirma, entre outras cousas, que "Borges fue ante todo una inmensa cultura, literatura sobre literatura, profundidad sin torcer el gesto pensativo (profundidad alardeando de claridad)".

Era tamén Italo Calvino quen sostiña que a profundidade había que agochala... na superficie. Velaquí a clave borxiana.


Xoves, 16 Eclipse en Google

A semana pasada a pantalla de apertura do Google deixounos tocar unha guitarra. Hoxe permítenos tocar a lúa... e eclipsala. Colle un cursor e serás dono do mundo... virtual.


Domingo, 19 Arde Lugo

Disque Roma, o Imperio, afundiu cando o ocio superou ao negocio. Esta fin de semana, o Imperio recobra o seu cumio: escintila con todo o seu ouro na cidade máis antiga de Galicia. O Arde Lucus deu no cravo: se Lugo ten a única muralla romana do mundo completa en pé, debe ser quen de organizar unha celebración á altura do seu monumento. E conseguiuno. Hoxe á tarde asistín, nos chamados Xardíns do Cárcere, a unha voda romana: invocáronse deuses, todos os posibles para non ofender a ningún, empezando polo deus prerromano dos bosques, o deus Lug. Logo Xuno, Minerva... Mentres, donas do corpo belido eran ninfas na fonte arredor da cerimonia. Toda unha posta en escena dous milenios despois. É que os romanos sabían latín...
Alvarellos, Henrique
Alvarellos, Henrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES