Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Matinanza do son ie sinto

martes, 21 de junio de 2011
Xorde no paso do val da moura
A matinanza que come do vento
Baixo o translucido tinxir do ceo
Encernado nun bulir de versos

Ie enton matino
Filosofeo co tino

Son a nena que o tempo leva
Xa que a fror murcha nela


Sinto un lecer correr polo prado
Ie un roer calado baixar do alto
Sofrir ie rir xuntaranse no paso

Quen son?
Quen sinto sen ton?

Son a verba inacabada
trazada na man da mañán
Son a frase indagada
nun pensar de voz calada
en derradeiro sentir tragada

Son aquiloutra mudeza da noite
Aterecida polo verbo foise
Todo marcha envolto en loito

Son tanto ie tanto
Que nada me fago

Herdo d´aquela muller sumisa
Tecedora dos silencios da ira
A escravitude da fala miña
Calar pra afondar na ialma

Son mais o segundo calado
(son máis o segundo calado)
Durmido en pasares abandoados
Que todolos versos que amaño

Son: o tanto io pouco
O Lusco ie fusco
Máis doce sono posto na alba
Cá xorda realidade que esmaga

Conclusión:
(Sempre incompleta na letra inacabada)

Ia agora, nesta hora
Do val que namora
Preguntolle a moura:

Que sinto sen ton?
Que sinto sen ton?

Ela agarda e cala
Deixame a min a fala

Sinto as raizames d´orixen
Io mesmo tempo que viven
Sinto revoltas que cinguen
De pasado a tarde libre

Sinto a pel tollida;
Suorosa ie cansiña
Do campesiño que labra
Ie na súa hortiña sacha
Longas ringleras de espranza

Sinto mil cousas que pousan
Ecos de ledicia que estouran
En freixes de pena que furan
ácedas feridas co´s anos curan

………...
(Puntos continuados de suspensión)
………………………………………………....corren.....................pola .......matinanza ....................en .........difusión.......……….

Conclusión:
Imposible seguir co sinto
Cando iste se FAI infindo

E chego a sintexe
Que remata no intre:
(Pensar é máis ca simple verbo
Máis ca simple accion de tempo)
González Fernández, Brenda
González Fernández, Brenda


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES