Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ciencia sen cultura...

martes, 14 de junio de 2011
rónica da semana invisible

Luns, 6 Paz Andrade

Poñamos etiquetas: tras o poeta existencial, tras o poeta filósofo (toda gran poesía é filosofía pura), tras o poeta dos haikus galaicos que foi Uxío Novoneyra (homenaxeado en 2010) chegou en 2011 o poeta punk, o poeta outsider, o noso maldito que foi Lois Pereiro. E agora, o 2012 será o tempo da ciencia con cultura, ou da alma galega e a tecnoloxía xuntas, o tempo de Valentín Paz Andrade, que protagonizará as Letras Galegas. "A ciencia sen cultura non constitúe sabedoría", escoiteille dicir nunha entrevista ao gran pintor Antoni Tàpies. Velaquí a fusión sabia do Paz Andrade. Con el veremos unha rara avis: un home coa sensibilidade do artista, coa crenza no país e, a un tempo, un economista, un home de negocios, un gran empresario. Coido que esta fusión de ciencia (ou tecnoloxía) e cultura nunha soa persoa, nunha sociedade, son a clave do éxito.

Estamos cheos de tecnócratas incapaces de ler un poema, e tamén, doutra banda, de grandes artistas con dificultades para interpretar un balance de contas. Así non imos a ningures. Benvido Andrade, números e alma.

Mércores, 8 Cuestión de acentos

Sucede que a carón do meu traballo abriron estes días un espectacular centro odontolóxico (outro máis). Nun primeiro andar, e cun enorme letreiro que circunda dúas fachadas, en letras abraiantes, lese: Clinica Juanatey. Así, sen til. Seguro que ha ser unha empresa de confianza, con grandes e prestixiosos profesionais. Preparados e eficientes... Mágoa de gramática. Esa esdrúxula como unha catedral orfa de til na que ninguén reparou, que pasou todos os filtros da profesionalidade da escrita, do deseño, da montaxe, ese acento manca na miña vista cada mañá.

Velaquí un exemplo ben preto (cantos hai por aí adiante!) de ciencia sen cultura.

Venres, 10 Bacterias

A propósito da 'Escherichia coli', ou E.Coli, a bacteria que xa leva causadas 35 mortes, 34 delas en Alemania. Leo unha interesante reflexión do artista conceptual lisboeta Leonal Moura, tirada do seu Livro do desassossego tecnológico (2010): "Este non é o planeta dos humanos (traduzo do portugués), nin siquera de ningún outro gran animal, nin nesmo dos insectos. Este é o planeta das bacterias. Andan por aquí dende hai máis de tres billóns e medio de anos e sempre de forma distinta. Dominan no número, na masa, na robusteza e no impacto ecolóxico. Están literalmente en todas as partes, cóntanse por millóns nun mero anaco de terra de xardín ou nunha pinga de saliva. Habitan os sitios máis inhóspitos. Por riba dos 70 graos centígrados toda a vida existente é bacteriana e hainas mesmo que resisten temperaturas de más de 300 graos..."
Alvarellos, Henrique
Alvarellos, Henrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES