Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha cantiga insólita

lunes, 09 de agosto de 2004
Coidamos que a cantiga Levade amigo –á que Novoneyra dicía xa hai anos “ter vixiada”- ben merece unha pubricazón illada que permita renovar, sen restauracións nin benevolencias, as nosas mellores lembranzas.
Carente da sal e pementa das tremendas novas que día a día vimos consumindo, a cantiga é nembargantes en sí mesma, pola súa excepcionalidade, unha noticia tan actual, real e potente coma calquera outra. É a noticia dos amores perdidos -tan trivializados-, dise formidable fracaso xenético e sentimental do cosmos que é o desamor. É verdade, non representación.
En boca dunha xove deixada, a cantiga –“cantícula”- avanza pouco a pouco, coma unha secuencia gradual e reptante, dende unhas proclamadas ledicias telúricas iniciais ata a súa brutal frustración. O característico diste canto é a simultaneidade que, a partir de certo intre, tristura e ledicia van acadando. Pero a natureza contradictoria de ámbalas cousas vaise tensando, coma un arco, en sarcasmo -tan galego por outra parte- Derradeiramente, o canto dispara cara o infindo unha frecha de irredimible amargura.
Achegamos un mínimo vocabulario sacado de Xosé Mª Álvarez Blázquez:
Amigo, amado / Enmentaban, lembraban (recordaban) / I, alí (allí) / Levade, levantádevos (levantaos) Llis, lles (les) /Síían, pousaban (posaban, estaban), anque o son antóllaseme fremosamente onomatopéyico / Tollestes, quitaches (les quitastes) / U, onde (donde)

L E V A D E A M I G O
Nuno Fernandes Torneol
(primeira mitade do XIII, Compostela)

Levade, amigo, que dormides as mañanas frías,
todalas aves do mundo de amor dicían:
leda me ando eu

Levade, amigo, que dormidelas frías mañanas,
todalas aves do mundo de amor cantaban:
leda me ando eu

Todalas aves do mundo de amor dicían,
do meu amor e do voso en mente habían:
leda me ando eu

Todalas aves do mundo de amor cantaban,
do meu amor e do voso í enmentaban:
leda me ando eu

Do meu amor e do voso en mente habían,
vós lli tollestes os ramos en que siían:
Leda me ando eu

Do meu amor e do voso í enmentaban,
vos lli tollestes os ramos en que pousaban:
leda me ando eu

Vós lli tollestes os ramos en que siían
e llis secastes as fontes en que bebían:
Leda me ando eu

Vós lli tollestes os ramos en que pousaban
e llis secastes as fontes ú se bañaban:
leda me ando eu

(Dos cancioeiros da Biblioteca Apostólica Vaticana, 242, e de Colocci-Brancuti, 641, na Biblioteca Nacional de Lisboa)
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES