Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O capitalismo do desastre

jueves, 09 de junio de 2011
O tsunami de 2004 destrozou as costas do sur de Asia, provocou perto de 300.000 mortos e deixou un rastro de dor e miseria. Pero Condoleeza Rice non amosou piedade polas víctimas e declarou que este desastre natural foi “unha maravillosa oportunidade” que lle aportou a EEUU grandes dividendos.

A costa non se está a reconstruir como era (pobos de pescadores que vivían do mar con redes feitas a man). Centos de miles de persoas foron forzadas a vivir no interior, en barracas, mentras a esplendida costa é ocupada por empresas estranxeiras que restauran praias e levantan hoteis e aeroportos privados para uso e disfrute dos privilexiados.

Naomi Klein denunciou estes feitos e no seu libro “A doutrina do shock” describe como, aproveitando a situación de conmoción, caos e desamparo –e seguindo as doutrinas de Milton Friedman-, moitos gobernos aproveitan as crisis económicas, os desastres naturais e as epidemias para recortar dereitos, potenciar o libre mercado e favorecer grandes negocios.

Cando non se produce un desastre natural os ultraliberais tentan provocar situacións de alarma social que lles permitan adoptar medidas impopulares sen que a poboación se rebele. O PP domina esta estratexia: leva tempo alimentando o temor para que a xente asuma as perdas con absoluta resignación. Este é o seu modo de actuar.

-Ante a crise económica, en lugar de favorecer os acordos parlamentarios precisos e xenerar un clima de confianza no futuro, o seu portavoz económico afirma que estamos no borde do precipicio, e Aznar encárgase de explicar polo mundo que España será incapaz de saír da crise. Ése é o seu modo de entender o patriotismo. O seu plantexamento é: canto peor, mellor (para él e os seus). Ante o abismo: un empuxón.

-O brote de “E. Coli” en Alemaña provocou unha situación de conflicto ao atribuir a orixe do contaxio a España. O goberno actuou con serenidade e contundencia mentras o PP relacionaba a “crise do pepino” coa “debilidade” do goberno. Máis cando éste convocou unha reunión do Consello Interterritorial de Sanidade para abordar o problema, os oito conselleiros populares fixeron un plante e non asistiron. Pero Rajoy xa fixera unha foto comendo cogombro: ese é o seu nivel de compromiso.

-Agora o PP vai acceder ao poder en varias comunidades. Antes de ocupar os despachos xa está a sementar a alarma. Afirman que Castela-A Mancha está en quebra e que non hai diñeiro para pagar as nóminas dos funcionarios. É unha afirmación gratuita: non é posible que coñezan eses datos. Pero forma parte da propaganda: despois virán os recortes e tentarán que creamos que non había máis remedio. Rajoy xa nos avisou: “Teremos o estado de benestar que poidamos”. Observar estas estratexias mendaces e tramposas fai que nos indignemos. Pero, como dixo Stéphane Hessel “a indignación debe ir seguida de compromiso”.
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES