Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Quenlla

lunes, 06 de junio de 2011
Un día destes, ás oito do serán, prendeu no Círculo das Artes de Lugo, o espectáculo que A Quenlla leva por toda Galicia, coa presentación do seu disco “Unha vez foi un trebón” que trata sobor da revolta Irmandiña; ista vez coa estimada colaboración do grupo de teatro e lecer do Colexio Fingoi, que escenificou os feitos deste acontecemento namentras os músicos daban o concerto.

Entre unha e outra interpretación de A Quenlla, os compoñentes do grupo de teatro recitaban, para logo presentar cada canción.

A representación actora estivo á altura, en xenio, dos xenios da Quenlla, facendo a descripción dunha revolución obreira que non puido chegar a seren exemplo, pois foi afogada polas traicións, que levaron ao asoballamento deste pais polos seus poderosos, con desprezo a eles mesmos e á explotación, esquilmo, asasiñatos e violacións ao pobo a quen lles deu o ser de seren nobres e non desalmados.

Saíndo do acto, baixándo as escaleiras que levan aos retretes do edificio, que desembocan nun tan longo corredor, que se me asemella estreito, veuseme á cabeza que despois de cinco séculos pouco cambiaron as cousas, a non seren nas formas, nos electrodomésticos, nos autos, nos avións... nas ferramentas de facer guerra.
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES