Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amores apaixoados

viernes, 03 de junio de 2011
Un vello amigo, bó coñecedor dese submundo, dí que os partidos políticos son caldo de cultivo dos episodios mais virulentos do desencontro entre as persoas, onde se escenifica o amor/desamor cos efectos mais funestos.

A rotura da parella política, cando ambos membros albergan idénticos obxetivos, e só hai praza para un, pode ter un final dramático. Son as resultas da paixón amorosa, que os dous senten pola noiva pretendida, que tanto aman, e pola que están dispostos a todo sacrificio, pero non renuncian a dormir con ela tódalas noites. Divorcio ineludible

En Foz estamos a vivir, no eido público, unha experiencia que entronca co anterior plantexamento, e que nos leva a considerar o posible paralelismo con episodios doutros amores, históricos ou ficticios, cos que atopar certas similitudes, non é doado. Porque, mais ou menos tormentosos, e algúns tráxicos, teñen pouco que ver cos de Romeo e Julieta; os Amantes de Teruel ou o Tenorio e dona Inés, moito mais románticos; ou do rei Pedro de Portugal que, despois de morta, coroou raíña á galega Inés de Castro.

Claro que os pretendentes focegos desexan á súa amada, morta de quince días…

É frecuente que os amores apaixoados, e os amoríos, rematen de forma traumática; non estamos pois ante un feito novidoso. Hai algo semellante no mundo da ficción, en Cyrano de Bergerac, pois él e Cristian, un soldado da súa compañía, amaban á mesma muller: Roxana. Iste, mais xove, guapo, pero sen intelixencia nen enxeño, morreu primeiro, guerreando. Cando Cyrano finou, poeta, feo e mais vello, Roxana decatouse de que era él quen escribía as cartas románticas que Cristian lle enviaba, quen compuña as poesías para ela, e quen, en realidade, a namoraba. Diuse conta que amaba, nunha soa, a dúas persoas. Á morte do poeta, exclamou: “Amei a un home e pérdoo por segunda vez”.

Non hai dúbida de que, o da ex-parella (política) de Foz, nada ten que ver co amor bucólico, puro e nobre de Rosa e Martiño en “A Virxe do Cristal”, de Curros Enriquez. Cando Martiño, sen motivo, dubidou da fidelidade de Rosa, ésta ingresou, de por vida, nun convento…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES