Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mal empezamos

miércoles, 01 de junio de 2011
O sr. Conde Roa aínda non foi nomeado alcalde de Santiago e xa empeza a exercer de ditadorzuelo (claro que agora se lle une o insubstancial Bugallo) solicitando ao delegado do goberno que toque a rebato e desaloxe da praza do Obradoiro ás persoas que pacíficamente acampan como protesta pola existencia dun sistema político, económico e social que lles parece inxusto e que consideran habería que reformar.

Podía ser por outra cousa, pola axuda ao terceiro mundo, ou polos "danos colaterais" que ocasionan as guerras nas que montan os salvapatrias, daría igual se non se meten con ninguén que pase por alí.

A permanencia destes acampados e escasa, e non amolan máis que a quen lle ofendan esas reclamacións, pero a liberdade de expresión é un dereito cidadán e polo tanto estes como bos demócratas, aínda a regañadentes, deberían aceptalo. Pero claro, como esto é así, búscase o truco, a xustificación á represión, que non é outra que dicir "non, se non é por min, e que espantan o turismo e prexudican aos comerciantes e a imaxe da cidade".

Evidentemente, ou os políticos non viaxan o se o fan non se fixan do que ocorre nas rúas doutros países da nosa contorna cun espíritu máis democrático. Por exemplo, se van a Londres a unha das súas prazas máis concorridas de xente, onde está o Parlamento e ao seu carón nada menos que a abadía de Westminster, onde se coronan todos os reis e reinas do país, ollarán sorprendidos, mesmo nun espazo na beirarrúa de en fronte, toda unha serie de pancartas e tenderetes protestando por causas que consideran xustas e alí, os acampados, permanecen días, meses e anos sen que ningún policía lles diga absolutamente nada.

Porén, non se coñece que fixesen rebaixar os millóns de turistas que todos os anos enchen esa praza e visitan a famosa abadía, nin que os cafés e tendas do seu ao redor deixen de estar ateigados de clientes, nin que Londres perdera a súa imaxe de cidade cosmopolita, punteira e encantadora.

O peor destes grupos contestatarios londinenses, é que xa forman parte da paixase e acaban resultando unha imaxe pintoresca e curiosa para os turistas sen que a ninguén lle preocupe de que protestan. Isto é o que habería que evitar no caso das nosas acampadas.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES