Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feira na Milagrosa

martes, 31 de mayo de 2011
É para mín un honra aceptala invitación que me fai o comité organizador da decimo cuarta edición da Feira de Productos Agrícolas e Artesanía, feira que se ven realizando pola época do San Isidro ou do San Cidre, como semella chamarse agora dun xeito mais académico, que ten acadado un gran nivel de aceptación e presenza de moitos productos de calidade dos que se fabrican no noso entorno.

Diste xeito as nosas comarcas teñen demostrada unha capacidade verdadeiramente abraiante para elaborar productos de calidade que son moi valorados máis alá das nosas fronteiras naturales que supoñen os montes dos Ancares e mailo Courel... Veñen á miña memoria os queixos de San Simón co seu inesquecible cheiro a fume de abidueira, os queixos da Ulloa coa súa cremosidade exquisita, os nosos viños da Ribeira Sacra coa espectacularidade das suas vides penduradas das ladeiras das montañas. Qué decir, por exemplo, da carne dos nosos xatos de Raza Rubia Galega, criados xunto ás súas nais nos prados, ou do porco celta comendo nas castañas dos nosos soutos centenarios.

Cómpre conservar todo este patrimonio gastronómico–cultural, que supón ó mesmo tempo unha grande riqueza económica; máxime nestas épocas de crise nas que nos atopamos, xa que permiten unha economía máis estable e menos exposta ás diferentes treboadas que se producen nun mundo tan globalizado e intercomunicado coma o que nos tocou vivir.

San Isidro, o santo que “patrocina” esta importante Feira, ten unha fermosa imaxe que se venera nesta Igrexa da Milagrosa. Aínda recordo como nos meus primeiros anos na Caixa Rural viñamos moitos dos empregados á procesión que aquí había para despois celebrar o sorteo de apeiros e ferramentas que faciamos no noso Salón de Actos. Moito ten cambiado, e coido que para ben o noso agro nestes últimos anos…

San Isidro foi un santo madrileño que viviu alá polo século XI e conta a tradición que, mentres rezaba, os anxos baixaban do ceo para facerlle o seu traballo arando nas terras do seu Señor. Tardou tempo en ser canonizado, máis de cincocentos anos, pero a espera debeulle merecer a pena pois foi membro do que poderíamos chamar unha “promoción de prestixio” xa que compartíu subida ós altares con outros santos de moito postín como Santa Teresa de Jesús, San Ignacio de Loyola ou San Francisco Javier. Vaia Cofradía!!!

Ven a conto a historia dos anxos que axudaban ó Santo pola situación económica complicada que temos na actualidade e que desgraciamente penso que aínda vai durar algunha temporadiña mais. Permitanme facer unha pequena reflexión neste sentido. Ningún de nós somos San Isidro polo que non lle recomendaría a ninguén que agardase polos anxos para que lle arasen o seu leiro; é mais, pedirialle a cada un que colla canto antes o sacho e se poña a traballar. Ós nosos gobernantes pediríalles que non esperasen ós anxos en forma de máis endebedamento ou en máis ingresos derivados de mais impostos, e mais gasto público; máis ó contrario, pediríalles moito cuidadiño cos cartos que ó fin e ó cabo son de todos nós. Todos os demais tampouco debemos esperar polos anxos para que nos amañen os nosos problemas, así que cada un ó noso, a facelo o mellor posible e non laiarse demasiado…

Gostaríame sen embargo mandar unha mensaxe de optimismo, xa que aínda que a situación non é a ideal temos feito un gran camiño nas últimas décadas. Por así decilo, quen lles dera ós anxos do Santo Isidro dispoñer dos modernos tractores actuais en troques do arado romano con que lle facían o traballo mentres o Santo se adicaba ós seus rezos. Temos logo un longo percorrido feito en termos de progreso e benestar, que entre todos temos que defender.

Agardo logo porque se cumpla o noso refraneiro…, “nunca choveu que non escampara”…, e que co esforzo de todos consigamos chegar a unha situación mellor e sin os excesos cometidos nestes últimos tempos.

Xa para rematar, recoméndolles que merquen os productos á venda nestas casetas; terán productos sustentables de gran calidade e feitos no noso contorno e ademais axudarán os nosos veciños. Do mesmo xeito, e aproveito a oportunidade para facer algo de publicidade, tamén lles recomendo a nosa Caixa Rural Rural; unha entidade tamén próxima, galega, prudente, solvente e tremendamente vencellada ó noso territorio ó que adica prácticamente o cento por cento dos seus investimentos.

Nada máis, benqueridos ouvintes. Disfruten da Feira do San Isidro e agardemos que continúe co éxito acadado por moitos anos máis.

(Pregón da XIV Feira de Produtos Agrícolas e Artesanía da Milagrosa-Lugo)

Jesús Méndez Álvarez-Cedrón
é o Director Xeral da Caixa Rural Galega
Méndez Alvarez-Cedrón, Jesús
Méndez Alvarez-Cedrón, Jesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES