Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

1986, Manuel María en Foz

jueves, 26 de mayo de 2011
O periódico “Rompeolas”, voceiro do Clube Náutico de Foz, no número de xuño de 1986 (hai 25 anos), publicaba o seguinte: “

O día 18 de maio, o poeta Manuel María pronunciou unha conferencia no local social deste Clube Náutico, encol da “Vida e a Obra de Aquilino Iglesia Alvariño”, co gallo do Día das Letras Galegas, a él adicado . Manuel María foi presentado polo Presidente do Clube, Suso Fernández, que resaltou a prestixosa personalidade do Poeta da Terra Chá, dentro do panorama das letras galegas dos últimos tempos, suliñando a súa vella vinculación a Foz, onde gañara o 1º Premio e Flor Natural dos primeiros Xogos Florais, cun feixe de poemas co título de “Versos florecidos en louvanza de Foz”.

Manuel María, coa amenidade que o caracteriza. e a beleza das súas verbas, que engaiolaron ós ointes, fixo unha defensa de I. Alvariño, co que – dixo – “foron inxustos na súa valoración como poeta, e como home, os seus críticos e comentaristas”.

O conferenciante, amigo persoal seu, fixo unha descripción da súa vida e da súa obra, recurrindo incluso á correspondencia privada. na que se revela un I.Alvariño amable e servicial, que nada ten que ver coa imaxe propagada por outros xuizos.

Manuel María considerou a I. Alvariño como un gran poeta virxiliano, na liña de Noriega ou Teixeira de Pascoaes, aínda que, pola súa forma de vida, e pola súa actitude, non foi un persoaxe singular, como o foi o antigo mestre de Foz, Noriega. Destacou, asimesmo, a importante laboura do profesor I. Alvariño na recolleita de ditos e termos usados polo pobo; sorprendeuno a morte precisamente cando traballaba nun diccionario galego que non chegou a rematar.

Ó final da conferencia produciuse un animado coloquio, no que interviron boa parte dos asistentes, e ó que Manuel María puxo a amenidade das mil anécdotas e o engado da súa voz fonda, acariñadora. Un longo aplauso dos que enchían a sala de actos do clube amosaba a súa compracenza a este primeiro acto cultural desenvolvido na nova etapa do Clube Náutico de Foz”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES