Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A can flaco...

viernes, 27 de mayo de 2011
As pulgas teñen especial preferencia polos cans flacos, quizais porque teñen menos capacidade de defensa e poden aproveitarse dunha situación xa calamitosa de por si.
O refraneiro ten acreditado o seu valor, século a século, consolidando frases feitas ou en elaboración, de maneira que o conxunto dos refráns é un compendio do saber dunhas xentes e dun país. Neste caso, o can flaco para o que todo son pulgas hai que considerar que é o Estado español dentro da Unión Europea na que, contra todo pronóstico e contra todo planteamento inicial, hai paises de segunda e de primeira, sendo estes últimos os que veñen decidir a traxectoria que segue un conxunto de paises que naceu para ser unha potencia mundial que non tropezaría en pedras como a actual crise que pode dar ó traste con tantas ilusións e tantos bons propósitos.
Comprobamos que Francia e Alemania mangonean e dispoñen políticas comunitarias, permitíndose aconsellar sobre temas de orden interna por entender que todos eles repercuten na marcha da Unión, e polo tanto dos seus respectivos países.
A última intromisión verbal, polo de agora, estivo a cargo de Ángela Merkel que abogou por harmonizar os días de descanso, as vacacións e as xubilacións na U.E., esquecendo que podemos ter máis festas pero os españois traballamos máis horas con salarios moito menores.
Ter unhas eleccións á vista fai que a dirixente alemana arremeta contra os de fóra para contentar ós da casa, pero non é máis ca un síntoma do clima existente na Comunidade Europea, na que cada país procura solucionar os seus problemas, a costa de quen sexa.
Que a economía española non precise, polo de agora, ser rescatada como Grecia, Irlanda ou Portugal, non quere dicir que teñamos solucionados os problemas colectivos, senón que seguimos a estar no ollo dun furacán alimentado desde todos os puntos da rosa dos ventos.
Seguimos a ser un can flaco. E as pulgas, están garantidas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES