Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Democracia secuestrada

miércoles, 25 de mayo de 2011
Con toda desvergoña, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, manifesta pública e fachendosamente que "xa todos saben que son un cacique pero me séguen votando". Unha forma arrepiante de degradar aos cidadáns que lle votan converténdoos en servos.

Un cacique é iso, un individuo ao que o seu estatus político-institucional lle posibilita o poder de facer e desfacer ao seu antollo na comunidade que controla. Un abuso de poder que exerce sobre os seus paisanos, tratándoos de súbditos, sometidos a unha dependencia abraiante onde o medo ao castigo ou o agradecemento aos seus favores failles perder o mínimo de dignidade que deberían ter. Parecería que isto fose incomprensible nunha democracia. Pois non, ao rural ourensán semella que aínda non chegou nin nominalmente cando sosteñen a un personaxiño de opereta que non ten reparo ningún de recoñecer a súa condición de sátrapa dominador dos seus vasalos.

A seguridade que lle confere o seu poderío descansa, desgraciadamente, sobre a obtusidade dun rural atrasado, abandoado e envellecido, incapaz de respostar como se merece a semellante declaración humillante.

E así, da a impresión de que a maioría dos pequenos concellos da miña terra continúan ancorados no século XIX, pervivindo aquel caciquismo de quenda sobre o voto rural, asumido por unha gran parte dunha poboación afundida na intimidación que a inutiliza para recuperar a decencia que todo ser humano debe ter, que non é outra que a de actuar e decidir libre e responsablemente en función das súas ideas, e non das que lle impoñan os poderosos. Democracia real xa!
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES