Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morrer porque sí

martes, 27 de julio de 2004
Esta pasada fin de semana, as pantallas das autovías reflictían mensaxes a cada un máis tremendista: "LA CONDUCCIÓN PUEDE MATAR", "52 MUERTOS EN EL MISMO FIN DE SEMANA DE 2003", "ALCOHOL + CONDUCCIÓN = MUERTE".

O mesmo que as campañas publicitarias da D.G.T., os textos anteriores poden parecer macabros e provocar nos conductores a sensación de que están fóra de lugar, pero tamén poden ser o revulsivo que se pretende, xa que no último período computado (fin de semana do 25 de xullo), resultou que os mortos na estrada foron a metade do mesmo período do ano anterior.

Á espera do que aconteza en próximas xornadas festivas, provisionalmente parece que a campaña da resultado e que só o medo é quen de facernos moderar ímpetus ou excesos.

Se chegamos a esa conclusión, pobres de nós que somos capaces de morrer porque sí, porque nos peta, porque non poñemos da nosa parte o máis mínimo para seguir vivindo sen ofrece-las nosas vidas nun sacrificio sen sentido; inútil.

Tantos mortos e feridos; tanto custo social, para -ó final- resultar que só o medo ás multas, á retirada do carnet; o medo ó medo, son capaces de facernos garda-la propia vida evitanto "morrer porque sí".
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES