Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir, pensar, actuar

miércoles, 25 de mayo de 2011
Crónica da Semana invisible

Martes, 17 De Lois Pereiro...

Paso estes días lendo a biografía que Iago Martínez fixo de Lois Pereiro (Edicións Xerais). Detéñome cando o xornalista relata as xornadas Galicia: chove sobre mollado que se desenvolveron no Pazo da Magdalena de Santander en agosto de 1986 (páxs 87 a 93 do libro). Nelas participaba Lois. O poeta só interviu unha vez. Falábase da cultura mediterránea, do sur. Participaban Racionero, Juan Cueto, Fermín Bouza... O primeiro defendía a primacía da cultura mediterránea, do sur. Entón dixo Pereiro: "No sur a auga vaite mollar, e pasas a vida mollándote. No sur, en fin, é onde existe unha descarada propensión a velo todo claro". E entre os asistentes houbo a nidia sensación de que, alguén, cunha soa metáfora, fora quen de deixar KO os sempiternos defensores desa teoría do sur. Eses aos que Pereiro lles ceibou a súa "descarada propensión de velo todo claro".

Xoves, 19 ... a César Vallejo

Pídeme o corpo reler unha vez máis Los heraldos negros de César Vallejo. Lévoo estas xornadas no peto, nunha edición de Anaya que merquei hai moito tempo e que colle en calquera recanto da roupa. Sácoo nun café, no bus, mentres agardo polos nenos no cole... É un espírito tráxico, este Vallejo, como Lois; e tamén sublime, como Lois. Da sima á cima. Os Heraldos principian así: "Hay golpes en la vida, tan fuertes... Yo no sé!/ Golpes como del odio de Dios; (...)". E logo as páxinas van sumindo a un no extremo da existencia, retorcendo a linguaxe, as imaxes: "Se otoñan de sombra las esquilas". (...) "Hoy me ha dado qué pena esa viajera". (...) "Amada, vamos al borde frágil de un montón de tierra". (...)

Sábado, 21 Cando só queden as palabras...

Quizais todo este movemento social chamado 15-M, ou plataforma Democracia real xa!, que está poboando as prazas de moitas cidades españolas, vaia esvaendo aos poucos. Non sabemos que quedará del. Hoxe a mediodía, a pedra do Obradoiro, en Compostela, sostiña mensaxes como "Vivide, pensade, actuade!". Un ve isto (é a Porta do Sol) con optimismo: é coma un nacemento, nace unha pequena revolución de paz e palabras, de palabras e acción, ¿de acción e logros? Velaquí o reto. Artellemos dez puntos básicos de cambio. Xuntemos 100.000 sinaturas, ou duascentas mil, e con elas obriguemos os poderes -os oficiais e os agochados- a cambiar: a suprimir privilexios, a controlar bancos, a encher de ética o servizo público.

Domingo, 22 Noite electoral

Falou o pobo da forma (menos mala) que coñecemos (quen saiba doutra, que o diga). As nosas democracias son unha mestura de criterio político (ideoloxía), mediático (a imaxe, a oratoria...), e conxuntural (a crise, as coalicións...), quizais entre outros factores. Collendo todas estas variables, entenderemos algo. Algo de por que, nas cidades, arrasou o PP nas cidades de Santiago, A Coruña e Ferrol; o PSOE gañou en Vigo e Ourense (e Lugo), e o BNG en Pontevedra..
Alvarellos, Henrique
Alvarellos, Henrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES