Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Herdades

jueves, 19 de mayo de 2011
Eu herdei do meu pai cousas tan fermosas como as súas amizades, persoas coas que eu gosto de conversar, pois a súa xenerosidade da moito que aprender.

Un día destos vagando eu pola Ruanova de Lugo, alá adiante vin a unha destas herdades que levaba a mesma dirección. Un home tan grande de corpo coma de intelixencia que, tanto polo seu volume coma polo seu halo, facíase fácil de distinguir ao lonxe. A súa estructura axidada camiñaba lentamente, todo o contrario que a a súa ben engraxada testa, que sempre ten ocupada con calquera pensamento, o que o condiciona a vivir inmerso en si mesmo. Para que el salla ao mundo hai que chamalo.

Este home camiñaba, como dixen, pola dita rúa, consigo mesmo, as mans cruzadas a altura dos rinles; eu, apurei o paso para acompañalo, cando, case acaroado a el, un mendigo dos votos ofrécelle a man dereita preparando na outra a propaganda electotal. Meu amigo, herdado, mete a súa man no peto da imperedecedeira gabardina, e con xesto tan desisnteresado coma distraído tira dunhas moedas e bótallas na man do mendicante, este, obnubilado, dille:

- Non, agarde, atenda!

- Vaites, vaites - contesta o meu - seica agora queredes papel? Eu comparto o que podo, que non son rico -conclue-.

Mireino; miroume. Démonos unha aperta e trabamos as mans. As del son cálidas, honestas; infinitas.

O papón do mendigo dos votos quedou coa man aberta contando as moedas de calderilla. Poida que lle dean para tomar unha chiquita, ou dúas. Dende logo non creo que lle rendan para un viño de imprenta.
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES