Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Touriño, conseguidor

jueves, 22 de julio de 2004
Hai posiblemente un cuarto de século -facía eu información diaria- fomos convocados a unha rolda de prensa na sede lucense da U.C.D., onde fomos atendidos polo Ministro de Obras Públicas, Garrigues Walker, e a plana maior do Partido en Lugo, para falar de comunicacións, especialmente da Nacional VI.

Ós informadores lucenses extrañounos aquela convocatoria que debera celebrarse no Goberno Civil da provincia, que entón aínda era unha institución todopoderosa e emblemática.

O Sr. Garrigues perdía o seu carácter de ministro do goberno e transformábase en puro militante do partido gobernante.

Touriño experimenta o mesmo cambio, pero ó contrario. Sendo un militante do Psoe, aínda que sexa tan destacado como o Secretario xeral dos socialistas galegos, transfórmase no Delegado do Goberno en Galicia ó ir a Madrid reunirse con altos cargos e volver coa boca chea de boas palabras, anunciando un Presuposto para o 2005 plenamente satisfactorio para Galicia, "máis que suficiente" para cumpri-los compromisos do seu partido con este País.

¿Como queda o Sr. Ameijeiras, Delegado do Goberno en Galicia, con esta "xestión" conseguidora de Touriño?. Polo menos, nun papel bastante desairado.

O papel de "conseguidor" de Touriño pode parecerlle satisfactorio. E para Galicia, seguro que non é malo o resultado. Pero hai que manter -aínda que sospeitemos que non é así- unha necesaria distancia entre os postos de Partido e os de goberno, para ilusionarnos -para que teñamos a ilusión- de que é un goberno que traballa para todos.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES