Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora, Antela

miércoles, 21 de julio de 2004
Tódalas lagoas de Galicia teñen cadansúa lenda de que naquel lugar hai unha cidade asulagada da que, nas noites de inverno, aínda se pode escoitar as badaladas das campás movidas polas augas.
Eso pasa en Cospeito de Lugo; eso pasa en Antela de Ourense, onde outra lenda quere que os mosquitos que revoan -ou revoaban- sobre as augas eran os Cabaleiros de Antioquía, condenados por un mago a protexer os tesouros da lagoa ata o fin dos tempos.
Pero nos anos cincuenta e comezos dos sesenta, ós do Instituto Nacional de Colonización deulles por colonizar estas lagoas e -non sabendo que os ecosistemas son unha riqueza- estimando que eran improductivas enchéronas de terra para presuntamente destinalas ó cultivo.
En Cospeito como en Antela, nunca chegaron a producir nada. En Cospeito, volveuse pola lagoa e hogano é de novo unha fermosura aquel mar interior da Terra Chá, con miradores e futuro centro de interpretación que dará vida plena á mítica lagoa.
Agora, tócalle o turno a Antela. Álzanse voces que piden que volva ó seu aquela importantísima reserva natural danada -agardemos que non irreversiblemente- polas accións irresponsables dos pretendidos responsables dunha agricultura mal entendida.
Agora que nos temas ambientais as cousas volven ós seus cauces, agardamos un futuro "natural" para Antela. Meréceo a lagoa, o medio ambiente e todos nós.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES