Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ministro Cantante

martes, 20 de julio de 2004
Calquera que non coñeza a programación do Xacobeo en Santiago pensará que vou arremeter contra calquera ministro de calquera goberno. Pois non:
Trátase do ministro de cultura do Brasil, Gilberto Gil, prestixioso cantante que é quen de conxeniar tan dispares cometidos e ven de actuar na compostelana Praza da Quintana.

¿Será que nós temos unha idea do cargo ministerial diferente da que teñen en Brasil?. Se así fose, o que non está claro é que a nosa sexa mellor.

Un non se imaxina un Ministro, nin un Conselleiro, nin un Director Xeral, cantando nun escenario. Eso quere dicir que tampouco eses cargos son escollidos entre os que están afeitos a subir a un escenario, sendo tan elexibles como -por exemplo- o corpo de Avogados do Estado.

Gilberto Gil, que rebasa os sesenta anos, ten algo abandoada a súa carreira musical desde que hai algo máis dun ano pasou a exercer como Ministro de Cultura no gabinete do Presidente Lula. Aquí, seguro que houbera atopado algún Regulamento, norma de obrigado cumprimento ou disposición de réxime interior que lle houbese prohibido subir a un escenario mentres durase o seu cargo oficial.

Posiblemente este país chamado Galicia -ou España- achegue máis a vida real á oficial cando algún gobernante proceda da farándula. Certo que entre os faranduleiros hai exemplares impresentables. Pero tamén os hai -e moitos- tan serios e presentables como calquera político.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES