Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranza de Ernesto Sábato

miércoles, 04 de mayo de 2011
No meu libriño sobre a vellez publicado por Laiovento, dedicaba unas breves alusións a unha serie de autores que falaban dela dende a súa propia ancianidade. Ernesto Sabato estaba entre eles, e que agora recordo como homenaxe a unha persoa que pasou a súa vellez entre o desacougo existencial e a esperanza revivificadora.

Morreu aos 99 anos, rondando os 100. Creo que nunca pensou durar tanto, pois aos 88 anos escribía un libro de memorias titulado "Antes do fin". Faciao nunha época na que xa todo lle parecía absurdo e inútil. Posiblemente o periodo máis triste da súa vida, abatido pola morte dun dos seus fillos, polo seu estado de saúde e polo contexto de miseria e inxustiza que observaba nos países da súa contorna "neste tempo no que me sinto un desvalido ao non lembrar poemas inmortais sobre o tempo e a morte que me consolarían nestes anos finais". Sobrecollido polo dilema existencial da morte "tamén eu quixen fuxir do mundo e da vida". Revitalizado pola esperanza "vostedes impedíronmo coas súas cartas, coas súas verbas, co seu desamparo".

Na rememoracion do pasado e nos achegados que o rodeaban se atopaba, tamén, para Sabato, o refuxio dunha vellez inqueda "porque o eu mais profundo quedou ancorado neses momentos nos que a vida resplandecía. Espero a chegada de Diego que como todas as mañás afectuosamente volverá a renimarme".

Para Sabato a esperanza estaba no compromiso cos outros, na solidariedade, na responsabilidade coa dor dos demais e o seu consolo, no feito de pensar que o que escribía podía ser de utilidade para os máis novos.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES