Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nivel dialéctico

miércoles, 04 de mayo de 2011
Os outrora todopoderosos gobernadores civís, xefes supremos de todo o público en cada provincia, co advenimento da democracia foron perdendo competencias e tamén denominación.

A elección democrática de alcaldes e a conseguinte dos gobernos das deputacións provinciais liberáronos da tarefa de designar as autoridades locais, que agora recae en todos nós. E a aparición das autonomías, que recollen transferidas boa parte das competencias administrativas, deixáronlles competencias residuais dos respectivos ministerios, a orde pública e unha representatividade efectiva do goberno en cada demarcación que ven sendo exercida con prudencia e dignidade polos sucesivos Subdelegados do Goberno.

Mesmo o Delegado do Goberno, que ostenta a nivel autonómico a máxima representación do executivo nacional deveu en ser unha autoridade con non moitas competencias pero si un indubidable peso na vida política galega, que exerce sen ruído nin estridencias.

Pero dun tempo a esta parte, o Delegado do Goberno ven sendo máis noticia do que o foron os seus antecesores, facendo que o aspecto político destaque moito máis ca o administrativo, chegando na confrontación política a chamar “moroso” ó Presidente da Xunta e á institución que representa. Todo por unhas diferencias, eso sí multimillonarias, entre a Xunta e o Goberno, sustanciais neste momento difícil para todas as administracións e os administrados.

Hai que pensar que a inmediata celebración das eleccións municipais fai elevar o tono das manifestacións públicas das autoridades competentes, pero chama a atención que o Delegado Cortizo faga constar de xeito repetido a súa presencia nun cargo no que o titular do seu exercizo pasaba normalmente máis desapercibido.

Se efectivamente nesto inflúen as próximas eleccións, os niveis dialécticos no noso contorno hanse elevar aínda de xeito sustancial. E o protagonismo das autoridades políticas farase máis patente aínda que, coma neste caso, non interveñan directa e institucionalmente na loita polos votos. Eso sí: velarán polo desenvolvemento correcto das eleccións próximas. E as confrontacións dialécticas, a fin de contas, son unha pura posta en escea.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES