Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Maios no primeiro de Maio

lunes, 02 de mayo de 2011
Todos vostedes saben moi ben qué é todo isto da Festa dos Maios. Non é preciso, penso, unha descripción polo miudo.
Daquela o venres pasado lin no xornal La Región de Ourense: “O domingo terá lugar na cidade unha das celebracións máis tradicionais e populares de Ourense, a Festa dos Maios, que rinde homenaxe á primaveira e que está declarada dende o ano 2001 Festa de Interese Turístico da provincia. O día grande da festa será o domingo, día 1 de maio, no que haberá una serie de actos. A exposición das típicas construccións da festa ocupará parte da rúa do Paseo até os Xardíns do Pai Feijoo, rúa Lamas Carbajal e na Praza da Santa Eufemia.”

Levado polo sentimendo de admiración e agradecemento aos costumes do folck da miña terra, e xa saben vostedos todo iso que se di neste casos, alá me vou eu todo contentiño. Despois de atravesar o Parque de San Lázaro, percorrida media Rúa do Paseo, case toda ela, eu non vía nada do que me dixera 'La Región' que ía haber. Comezaba a chover. Eso si, aló no fondo, sombrillas haber habías. Bueno, dixen para min, se cadra é isto. Tamén pensei que, como era “O 1º de Maio”, ao mellor “Os Maios” foran ás manifestacións e arestora estarían de resaca da cogorda de costume. E botei para adiante…E si, á beira xa dos Xardíns do Pai Feijoo, alí estaban Estanislao Reverter e seu copiloto “ feitos uns maios”, A Leiteira do Paseo, “feita un maio”, O Agro, “feito un maio”, un cabaceiro, “feito un maio”, un xogodor de Rucby,” feito un maio”…sete ou seis “maios máis” en tono menor, e máis xa non vin. Non os había. Abondaba aquelo para una Festa de Interese Turístico Provincial? Se cadra si, se cadra non. Por una parte xa ves, por outra que queres que che diga. De tódolos xeitos quero agasallar co parabén, sobre todo aos artistas do Daufhine e os seus pilotos, aos da “Leiteira”, aos do “Agro”. E ás Ampas e Asociacións que os animaron a facer tales cousas. Sempre as Ampas… Xente por alí non había moita, que digamos. Quero dicir, case que ningunha, esaxerando, claro.

Bueno. Seguin o percorrido, porque agora viña a Rúa Lamas Carbajal, e esta rúa sempre lle di algo a un ourensán de á pé ou de cadeira, por mor, hoxe, do seu “Catecismo do Labrego”.
Dende ela, albisco uns ferros aló na Plaza de Santa Eufemia. ¡Peligro! Claro, non podía faltar un palco de ferro e cheo de
decibelios, aínda que fose unha festa de agro, con “maios” feitos de xestas, musgo e vexetais moitos. Era o palco da Organización… O Palco do ”Concello de Ourense 2011”, con letras ben grandes. E dende el, por diante dun grupo de meniñas cantareiras que prometían, escoitei dicir o “speaker”-¡outra!: “antes do fallo do xurado desta Festa do Maio 2011, que prentende recuperar as raíces culturais do noso…” Bla, bla, bla.
As badaladas da igrexa de Santa Eufemia encetaban a noitiña e ríanse estéticamente do espantallo da rúa, coido eu. Collín un pitillo, acendino, e seguín a mirar dende lonxe o espéctaculo rural no urbán da progesía cultural do nabo snob e oportunista. Alí algo non ía. Non funcionaba. Alí, algo non tiña vida nin sentido.

As cantareiras, recordando a liturxia antiga da festa esta, ceibaron o canto…Ben só por elas e por quen dixen antes… Pero eu xa andaba Rúa da Paz adiante, con outra copla de Curros Enriquez na cabeza:

Alí ven o maio
De frores cuberto…
Pasai, rapaciños,
Calados e quedos…
Cantádeme un maio
Sin bruxas nin demos;
Un maio sin segas
Usuras nin preitos,
Sin quintas nin portas
Nin foros nin...

Chegado habrá entonces
O maio que eu quero.

Decátome, cada cousa a ao seu tempo. Pero…¿ que queren vostedes que eu lles diga sobre a traslocación das “empresas”, sobre o xeito que ten o cuco de pór os ovos , ou sobre unha cousa ou outra?
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania