Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Culpabilidades

lunes, 02 de mayo de 2011
O Tonecho, que aínda sendo meu amigo, é culpable de todo o que me pasa, é un bon peixe. E falando de cousas do mar, e anque o polbo non é un peixe, que vén dacolá, por maís que onde mellor o preparen sexa no interior.

O do polbo traeme a conto porque un dia, facéndolle caso ao Culpable fómolo xantar a Castro. Para tal fin, el escolleo un posto no cal, por se fora pouco, dispúxome nunha mesa a carón das crocoliñas das tesoiras, e por riba, de cara elas.

Ao meu fronte, habia unha entre elas, que collía os rabos do molusco cunha destreza, que xa lle dera a moitas palilleiras ter esas habilidades no manexo dos fios, ela, de espaldas ao publico que xantaba por mor de dárllela aos que o mercaban ...envexa tiñosa deles!.

Aquela estructura picaba no polbo namentras nós engullíamos. Eu, de cando en cando, tamén picaba un dedo ca outro pola falta da percepción do longor do puto palillo, pois os ollos iánseme á figura da polbeira embutida nunha roupa, regada pola espalda dos seus cabelos, que deixaba adeviñar a textura do seu corpo, o cal, de vez en vez, doblaba pola cintura para coller outra peza e convertila en rodaxas. Xa voltando de espaldas ao meu campo de visión, deixábanseme ollar os seus brazos danzando ao unísono, entreabríndoos cada pouco para asentar o manxar marino ao seu ben facer, movendo, ao tempo de colocalo, os glúteos esquerdos, seguindo ao ritmo dos tesoiretazos, de convulsións máis rápidas dun dos da parte dereita. Que sinfonía de movementos !
Rematado o polbo e o viño e cos dedos ensanguentados, dime o culpable:

-E seica sangas pola man?, eu cría que era viño derramado.

-Vairrascala Tonecho, que ti tes a culpa de todo …

E fómosnos, Tonecho falándome non sei de que, e eu caladamente calado.

Tiña a cabeza na polbeira de Castro

Barón de Herbón Xan da Tolda
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES