Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Micro-créditos

lunes, 14 de junio de 2004
Todos consideramos os créditos como un lastre para calquera iniciativa, xa que unha parte importante dos rendementos dunha acción empresarial vanse necesariamente en intereses e amortización. Pero ben se entende tamén que calquera acción empresarial non é posible afrontala se non é coa axuda e a impulsión dun crédito bancario.
Todos sabemos, tamén, que ningunha entidade bancaria concede un crédito a ninguén que non teña inmensamente máis con que responder que a cantidade que se concede. Por eso nos sorprende enormemente - e hai como unha oculta ledicia- que alguén consiga "xogarlla" a unha entidade bancaria a pesar das precaucacións superlativas e as condicións leoninas que impoñen ós "beneficiarios" dun crédito.
E nesto que chegan os "micro créditos" (9.000 euros de media), que se conceden ós que nin teñen emprego estable, nin propiedades, nin avales... pero presentan un proxecto viable para crear unha empresa.
Despois de toda unha vida levando sempre as de perder nas relacións particular-Banco/Caixa, cóstame moito traballo creer tanta bondade, nesta iniciativa que ven do terceiro mundo e que no noso País só concede Caixa Galicia, e do que xa se levan beneficiados un cento de galegos.
¡Cousas veredes!. Ogallá que cunda ó exemplo, porque sería unha boa mostra de que algo está cambiando na frialdade absoluta das relacións das entidades de aforro cos emprendedores galegos.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES